Ahmed Salman Rushdie, (en hindi: अहमद सलमान रुश्दी; en urdú: احمد سلمان رشدی ) nado en Bombai o 19 de xuño de 1947, é un escritor e ensaísta británico. O seu estilo foi comparado co realismo máxico latinoamericano, e a maior parte das súas obras de ficción están ambientadas na India. As súas dúas novelas de maior sona son Midnight's Children e The Satanic Verses.
Traxectoria En setembro de 1988 provocou unha polémica inmediata no mundo musulmán pola suposta irreverencia coa que se trata a figura do profeta Mahoma. A India prohibiu o libro o 5 de outubro e Suráfrica prohibiuno o 24 de novembro. En poucas semanas, Paquistán, Arabia Saudita, Exipto, Somalia, Bangladesh, Sudán, Malaisia, Indonesia e Qatar tamén o prohibiron. O 12 de febreiro de 1989, cinco persoas foron asasinadas a tiros pola policía durante unha protesta contra o libro en Islamabad.
O 14 de febreiro de 1989, o aiatolá Ruhollah Khomeini, líder relixioso de Irán, leu en Radio Teherán un edicto relixioso, ou fatwa, que pedía a execución do escritor. O edicto acusou o libro de "blasfemia contra o Islam". Ademais, Khomeini acusou a Rushdie do pecado de apostasía, o abandono da fe islámica que segundo os hadith, ou 'tradicións' do profeta, debe ser castigado coa morte. Khomeini tamén pediu a execución dos responsables daquelas editoriais que publicaron o libro coñecendo o seu contido.
O 24 de febreiro, Khomeini ofreceu unha recompensa de tres millóns de dólares pola morte de Rushdie. Rushdie pasaría anos vivindo escondido baixo a protección británica.
O músico Yusuf Islam (Cat Stevens) tamén se pronunciou publicamente a favor da fatwa nunha entrevista na televisión británica." e mencionou nunca conferencia que Rushdie merecía que o matasenPhiladelphia Inquirer, 24 de febreiro de 1989, p.5A, "Iran: West to blame Islam for forthcoming terrorism".. Anos despois, nunha entrevista do ano 2000 na revista Rolling Stone dixo que aceptaría que un tribunal do Reino Unido declarase inocente a Rushdie, e que fora malinterpretado, como se lle pides a un estudante da Biblia que cite o castigo legal a un blasfemo, que sería dehonesto da súa parte non mencionar o Levítico 24:16.
En 1990, Rushdie publicou un ensaio titulado In Good Faith ("De boa fe") para tranquilizar aos seus críticos e afirmar o seu respecto polo islam. A pesar diso, as autoridades relixiosas iranianas non anularon a fatwa. Aínda que Rushdie fixo outras declaracións públicas en defensa do seu libro e negando que insulte o islam, certos musulmáns aínda consideran válido o edicto contra Rushdie.
En 1997, a recompensa duplicouse e ao ano seguinte o fiscal xeral do estado iraniano ratificou o seu apoio. En 1998, o Goberno iraniano comprometeuse publicamente a non instigar a execución de Rushdie. Isto ocorreu como parte dun acordo máis amplo entre Irán e o Reino Unido para normalizar as relacións entre os dous países. Rushdie máis tarde declarou que xa non viviría na clandestinidade.
En 2016 visitou o Festival de Óbidos, esgotando as entradas cunha semana de antelación.
En 2020 tiña previsto visitar o Estado español para presentar o seu libro Quichotte (referido ao Quixote), pero tivo que cancelar a visita por padecer COVID-19.
O 12 de agosto de 2022 Salman Rushdie foi apuñalado no pescozo durante unha conferencia en Nova York.
Obra Os título están na súa versión en lingua inglesa.
Novelas (ficción)
Grimus (1975) Midnight's Children (1981) Shame (1983) The Satanic Verses (1988) The Moor's Last Sigh (1995) The Ground Beneath Her Feet (1999) Fury (2001) Shalimar the Clown (2005) The Enchantress of Florence (2008) Two Years Eight Months and Twenty-Eight Nights (2015) The Golden House (2017) Quichotte (2019)"Quichotte" por Salman Rushdie, Penguin Random House.
Coleccións
East, West (1994) Mirrorwork: 50 Years of Indian Writing 1947–1997 (1997, Editor, con Elizabeth West) The Best American Short Stories (2008, Editor convidado)
Libros infantís
Haroun and the Sea of Stories (1990) Luka and the Fire of Life (2010)
Ensaios e non-ficción
The Jaguar Smile: A Nicaraguan Journey (1987) In Good Faith, Granta Books (1990) Imaginary Homelands: Essays and Criticism, 1981–1991 (1992) The Wizard of Oz: BFI Film Classics, British Film Institute (1992) Mohandas Gandhi, Time (13 de abril de 1998) Imagine There Is No Heaven (Extracto de Letters to the Six Billionth World Citizen) Step Across This Line: Collected Nonfiction 1992–2002 (2002) The East Is Blue (2004) "A fine pickle", The Guardian (28 de febreiro de 2009) In the South, Booktrack (7 de febreiro de 2012) Joseph Anton: A Memoir (2012) Languages of Truth: Essays 2003–2020 (2021)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Web oficial do escritor Contemporary writers: Salman Rushdie
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Bombai Categoría:Nados en 1947 Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge