Xosé Alvilares Moure, nado en Axulfe (Chantada) o 26 de setembro de 1928 e finado en Taboada o 28 de novembro de 2015, foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria Naceu na parroquia de San Pedro de Viana, despois de ser consagrado sacerdote foi párroco no Cebreiro (1952-1956), Cartelos (1956-1964) e Amandi (1964-1978) e doutorouse en Teoloxía en Roma. Foi profesor de bacharelato en Lugo. A súa visión teolóxica concorda coas teses de renovación da Igrexa católica que se defenderon no Concilio Vaticano Segundo.

Obra Ensaio O clero i-o uso do idioma galego (1965). Lugo: Anteo. Prólogo de Xesús Alonso Montero. Memorial de agravios (1992). Vigo: Editorial Galaxia. 392 páxs. ISBN 978-84-7154-860-3. Dignidade e indignidade da política (Epístola Moral a un fiscal amigo) (2002). Ed. de autor. 112 páxs. ISBN 978-84-607-5796-2.

Obra en castelán Ensaio El Cebrero (1956). Porto y Cía. Editores. ¿Proceso a la iglesia gallega? El testimonio de la literatura gallega del siglo XIX (1969). Madrid: Maranova Dios en los límites (1999). E. PPC. Prólogo de Andrés Torres Queiruga. ISBN 9788428815314.

Véxase tamén Bibliografía

Notas

Ligazóns externas Biografía en Galegos.info Biografía en Galaxia

Categoría: Escritores de Galicia en lingua galega Categoría: Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría: Nados en Chantada Categoría: Nados en 1928 Categoría: Finados en 2015 Categoría: Teólogos católicos Categoría: Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes