Tetris (en ) é un videoxogo de crebacabezas orixinalmente creado e programado por Alexey Pajitnov o 6 de xuño de 1984, mentres estaba a traballar para o Centro de Computación de Dorodnicyn da Academia das Ciencias da URSS en Moscova.The Tetris saga Visto o 24 de agosto 2007. Collía o seu nome do prefixo numérico grego tetra (todas as pezas do xogo, denominadas tetrominós, que posúen catro segmentos) combinado co do tenis, o deporte favorito de Pajitnov.Entrevista a Pajitnov, G4 "Icons", ep. 305 , emitido orixinalmente o 22 de abril de 2004.
O xogo (ou unha das súas moitas variantes) está dispoñíbel para case todas as consolas de videoxogos e sistemas operativos de computadoras, así coma outros dispositivos coma calculadoras, teléfonos móbiles, reprodutores portátiles de son ou PDAs.
A pesar de que foron amplamente distribuídas diferentes versións do xogo para diversas plataformas de computadoras, foi a versión para Game Boy, lanzada en 1989, a que consolidou ao xogo coma un dos máis populares, vendéndose máis de 35 millóns de copias da versión de Game Boy. O número 100 do Electronic Gaming Monthly púñao coma o «Mellor xogo de todos os tempos» e conseguiu vender xa máis de 125 millóns de copias en todo o mundo.
Mecánica do xogo dereita|frame|Os sete tetrominós coas súas cores no Tetris. Arriba, de esquerda a dereita: I, J, L, O. Abaixo: S, T, Z.
Unha secuencia aleatoria de tetrominós (compostos cada un de catro bloques cadrados) cae polo campo de xogo (de forma rectangular disposto verticalmente, chámaselle matrix). O obxecto do xogo é manipular estas pezas, movéndoas de esquerda a dereita e rotándoas de 90 en 90 graos, co fin de crear liñas horizontais de bloques sen buracos. Cando unha ou máis liñas son creadas estas desaparecen, e os bloques por enriba caen. A medida que progresa o xogo os tetrominós caen máis axiña. O xogo finaliza cando o feixe de tetrominós acada a parte superior do campo onde se xoga e non poden caer novas pezas.
Os manuais de xogo de Tetris refírense aos diferentes tetrominós coma I, J, L, O, S, T, e ZManual de Tetris DS para Nintendo, 2006 debido á súa semellanza coas letras do alfabeto, porén os xogadores adoitan utilizar outros nomes. Todos son capaces de limpar dúas liñas, I, J e L poden limpar tres, e só o I pode limpar catro liñas, o denominado «tetris» (porén, en versións máis modernas, existen introducións que permiten a outras pezas facer en determinadas ocasións máis liñas das que nun principio se poderían).
Puntuación A fórmula de puntuación para a maioría dos Tetris constrúese arredor da idea de que canta maior dificultade para limpar liñas maior debe ser o premio.
Case todas as versións permítenlles aos xogadores acelerar a velocidade con que cae a peza actual, evitando agardar a que caia. Se o xogador pode parar a velocidade incrementada antes de que a peza acade o chan deixando de premer o botón, isto é unha "deixada suave"; a "deixada forte" prodúcese cando non se é capaz de deixar de premer o botón.
Gravidade As versións tradicionais moven os bloques amoreados de arriba cara a abaixo nunha distancia exactamente igual da altitude dos limpados por baixo deles. En contradición coas leis da gravidade, os bloques deberían permanecer flotando no ar por enriba dos espazos liberados, porén a incorporación dun novo algoritmo permite segmentar o campo de xogo conectando as rexións e permitindo que os bloques caian individualmente en paralelo até tocar as rexións do fondo. Isto abre novas posibilidades tácticas con reaccións en cadea que permiten facer máis liñas (son máis valoradas en puntos).
centro|frame|Algoritmo orixinal.centro|frame|Algoritmo con reaccións en cadea.
Historia O xogo do Tetris foi creado por Alexey Pajitnov en xuño de 1984 para unha Elektronika 60 mentres traballaba para a Academia Soviética das Ciencias no seu Centro de Computación de Moscova con Dmitry Pavlovsky, mais foi Vadim Gerasimov quen levou o xogo ao IBM PC. O propio Gerasimov informa de como Pajitnov escolleu o nome como unha amálgama de tetramino e tenis.Gerasimov, Vadim. Tetris Orixinal: historia e descarga. visto o 10 de xuño de 2007. De aí o xogo comezou a expandirse polos arredores de Moscova. Esta primeira versión está dispoñíbel na páxina de Gerasimov.
A versión para IBM PC chegou até Budapest, Hungría, onde foi adaptado a diferentes plataformas e chegou a ser descuberto por unha casa británica de software, Andromeda. Tentaron contactar con Pajitnov para se aseguraren os dereitos sobre a versión para PC, mais antes de que acordo se establecese en firme, eles xa tiñan vendido os dereitos a Spectrum HoloByte. O fracaso nos acordos con Pajitnov fixo que Andromeda tentase conseguir a licenza apartir dos programadores húngaros.
Entre mentres, e antes de que ningún acordo legal fora acadado, a versión do Tetris para IBM PC da Spectrum HoloByte foi realizado nos Estados Unidos en 1986. A popularidade que conseguiu o xogo foi tremenda e moita xente quedou inmediatamente enganchada, con comentarios favorábeis en revistas especialzadas en videoxogos e informática. Así por exemplo na revista Computer Gaming World dicíase do xogo que era «enganosamente simple e insidiosamente adictivo».Wagner, Roy (May 1988), "Puzzling Encounters", Computer Gaming World: 42–43
Chegados a este puntos os aspectos legais fanse bastante escuros, mais xa en 1987 Andromeda tratou de obter os dereitos de copia sobre a versión para IBM PC e calquera outro sistema de computadora doméstica.
Spectrum HoloByte e Mirrorsoft dispuxeron dúas versións diferentes para Amiga eAtari ST. A versión de Mirrorsoft non tiña gráficos en segundo plano a diferenza da de HoloByte que incluía gráficas con temáticas relacionadas con Rusia en cada nivel do xogo. O Tetris, debido á súa simplicidade, era vendido a miúdo coas computadoras: o Apple II incluía tres disquetes con tres versións diferentes do xogo, e tamén acompañaba ao Apple II+, o Apple IIe, DOS 3.3, ProDOS e Apple IIgs.
En 1988 o goberno da Unión Soviética comezou a comercializar os dereitos do Tetris a través da organización Elektronorgtechnica (ou Elorg), logo de que Pajitnov outorgase os seus dereitos ao goberno soviético a través do Centro de Computación no que levaba a traballar dez anos.Boyes, Emma. Entrevista ao creador do Tetris Alexey Pajitnov. Consultado o 31 de outubro de 2007. Neses momentos a Elorg non cobrara absolutamente nada da Andromeda, e esta chegara a licenciar e subarrendar os dereitos do xogo cando eles mesmos non os tiñan.
Nintendo Chegados a 1989, media ducia de diferentes compañías dicíanse posuidoras dos dereitos para crear e distribuír o software do Tetris para computadoras domésticas. Mentres Elorg sostiña que ningunha desas empresas estaban legalmente capacitadas para produciren a versión arcade do xogo e asinou eses dereitos con Atari Games. O Tetris estivo na mostra do Consumer Electronics Show das Vegas en xaneiro de 1988, onde foi adquirido por un editor holandés de xogos, Henk Rogers, na altura establecido no Xapón, o cal levaría finalmente a un acordo con Nintendo que permitiu que o Tetris acompañase á compra de cada Game Boy.The Guardian, 2 de xuño de 2009, How Tetris conquered the world, block by block
Tengen (a división de softwares de consola de Atari Games), a pesar de todo, solicitou os dereitos de copia para o seu xogo de Tetris para a Nintendo Entertainment System, vagamente baseada na versión arcade, comezando a comercializala e distribuíla baixo o nome de TETЯIS: The Soviet Mind Game sen ter en consideración a licenza concedida por Elor a Nintendo. Entón Nintendo contactou con Atari Games acusándoa de ter roubado os dereitos do Tetris. Logo de tan só catro semanas nos tribunais, as cortes estableceron que Nintendo tiña os dereitos do Tetris para os sistemas de xogo domésticos e o TETЯIS de Tengen foi retirado cun número descoñecido de copias vendidas."The Wish List". Edge presents Retro. 2002.
Nintendo levou a súa versión do xogo tanto á NES como á Game Boy e vendeu máis de tres millóns de copias; algúns xogadores consideraban a versión para a NES inferior porque carecía do modo de xogo de dous xogadores simultáneos que si tiña a versión de Tegen, porén o Tetris da Game Boy converteuse na versión máis coñecida vendendo máis de 35 millóns de copias. As disputas legais entre Nintendo e Tegen porfiaron até 1993.
Sega tamén realizou un xogo de Tetris para a Mega Drive, mais as disputas legais que conlevarían levárona a retirala.
A empresa Tetris En 1996 os dereitos do xogo foron devoltos polo estado ruso a Pajitnov e foi creada a The Tetris Company LLC (tamén coñecida coma TTC) que é a única posuidora dos dereitos de copia para rexistrar produtos co nome de Tetris en case todos os países do mundo.Ver, p.ex, Rexistros de marca Nos. 1,753,062 (EUA); 1,657,499 (EUA); 1,742,325 (EUA); 1,382,544 (RU); 1,382,543 (RU); 507644 (Taiwán); 498703 (Taiwán); 098,381 (Perú); 097, 244 (Perú); 266/36 (Arabia Saudita), entre outros.
Debido á popularidade do xogo houbo moitas imitacións e xogos inspirados nel en Internet, moitos con nomes parecidos. Para tentar frear esta profusión de copias a empresa Tetris realizou unha campaña de presión contra os supostos infractores.Aughton, Simon..
Variedades Desde a década de 1980 o Tetris sufriu moitas modificacións. Desta maneira resulta un tanto complicado establecer un estándar do xogo dado que cada nova versión introducía novos aspectos coa intención de mellorar o xogo ou facelo máis atractivo para os usuarios. As vellas versións para Game Boy ou NES daban marcas en base a puntos, mais só dispuñan dun número de díxitos determinado co que os xogadores máis avanzados acadaban a máxima puntuación con relativa facilidade. o Tetris DX, para Game Boy, permitía no seu modo maratón un díxito máis, pero resultou que os mellores xogadores despois de horas diante da pantalla conseguían acadar a cifra máxima.
Xa co The New Tetris (O Novo Tetris), os competidores polo récord mundial podían chegar a pasar 12 horas xogando a unha mesma partida.. Probabelmente debido a esta longa duración das partidas, foron incorporados novos modos de xogo tanto ao Tetris DX coma ao The New Tetris. Nestes novos modos o obxectivo era conseguir o máximo número de liñas ou puntos posíbeis nun tempo dado. Mesmo en versións recentes coma o Tetris Worlds se eliminaban por completo os récords en base a puntos, baseándose simplemente na velocidade na que un xogador podía facer certo número de liñas nun nivel dado. Porén estas últimas innovacións trouxeron os seus defensores e detractores,Jeff Gerstmann, Ryan Davis (19 de abril de 2002).Tetris Worlds for PlayStation 2 Review". Visto o 12 de novembro de 2008. polo que versións coma a do Tetris LLC incorporaron diferentes modos tentando satisfacer aos xogadores novos e aos máis tradicionais.
Entre os modos máis comúns están: classic marathon ou game A (maratón clásico ou xogo A); sprint, game B ou 40 lines (carreira rápida, xogo B ou 40 liñas); ultra; square; e cascade (cachoeira).
As dimensións do campo é un dos aspectos que menos mudanzas presenta: case sempre ten 10 celas de ancho por 20 de alto. Só algunhas versións para dispositivos portátiles teñen campos máis reducidos, como por exemplo, a maquiniña Tetris Jr. que ten 8x12, e o Tetris para Game Boy que ten 10x18.
Tradicionalmente os bloques aparecen arriba de todo nas columnas centrais. O tetrominó I ocupa as columnas 4, 5, 6 e 7, o O as columnas 5 e 6, e o resto as 4, 5 e 6 (ou nalgunhas versións, sobre todo vellas, as 5, 6 e 7). Nalgúns xogos recente as pezas aparecen por enriba do campo de xogo.