miniatura|dereita|Angela Lansbury Angela Brigid Lansbury, nada en Londres o 16 de outubro de 1925 e finada nos Ánxeles o 11 de outubro de 2022, foi unha actriz e cantante inglesa tres veces nomeada ao Premio Óscar, 15 veces ao Premio Emmy e gañadora de 6 premios Globo de Ouro e de cinco Tony, a única xunto a Julie Harris en ser tantas veces galardoada co máximo premio do teatro de Broadway.

Traxectoria Lansbury naceu nunha familia de clase media-alta no centro de Londres, filla da actriz irlandesa Moyna Macgill e do político inglés Edgar Lansbury. Para escapar do Blitz, mudouse aos Estados Unidos en 1940, estudando interpretación en Nova York. Pasou a Hollywood en 1942, onde foi contratada pola MGM e obtivo os seus primeiros papeis no cinema en Gaslight (1944), National Velvet (1944) e The Picture of Dorian Gray (1945), que lle valeron dúas candidaturas aos Óscar e un Globo de Ouro. Apareceu noutros onde filmes da MGM, principalmente en papeis pequenos, e tras rematar o seu contrato en 1952 comezou a complementar o seu traballo no cinema con aparicións no teatro. Aínda que durante ese período foi considerada unha estrela da "lista B", o seu papel en The Manchurian Candidate (1962) recibiu eloxios e con frecuencia foi citado como unha das mellores interpretacións da súa carreira, ademais de conseguir unha terceira candidatura ao Óscar. Ao pasar ao teatro musical, conseguiu por fin o estrelato ao interpretar o musical de Broadway Mame (1966).

En medio de dificultades persoais, Lansbury mudouse ao condado de Cork, Irlanda, en 1970, e continuou cunha variedade de aparicións no teatro e no cinema esa década. Estas incluíron os papeis protagonistas nos musicais Gypsy, Sweeney Todd e The King and I, ademais do filme de éxito da Disney A meiga novata (1971). Chegou á televisión en 1984, conseguindo fama mundial como a escritora e investigadora Jessica Fletcher na serie estadounidense Murder, She Wrote, que durou doce temporadas ata 1996. Coa compañía Corymore Productions, da que foi copropietaria co seu marido Peter Shaw, Lansbury asumiu a propiedade da serie e foi a produtora executiva das últimas catro temporadas. Tamén fixo traballos de voz, como nos filmes Beauty and the Beast (1991) e Anastasia (1997). Participou en varias xiras de producións internacionais e fixo aparicións ocasionais no cinema, como en Nanny McPhee (2005) e Mary Poppins Returns (2018).

Lansbury recibiu un Óscar Honorífico, un premio á toda unha vida da BAFTA, cinco premios Tony e outro honorífico, seis Globos de Ouro e un premio Oliver. Ademais, foi candidata a numerosos premios da industria, a tres Óscars, 18 premios Emmy e un Grammy. En 2014 foi nomeada Dama da Orde do Imperio Británico pola raíña Isabel II.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas1944 Gaslight Nancy Oliver National Velvet Edwina Brown 1945 Sibyl Vane1946 Em Dusty Millard Till the Clouds Roll By London Specialty 1947 Clotilde de Marelle If Winter Comes Mabel Sabre1948 State of the Union Kay Thorndyke Raíña Ana de Francia Tenth Avenue Angel Susan Bratten1949 Audrey Quail Samson and Delilah Semadar 1951 Kind Lady Mrs. Nathalie Edwards 1952 Mutiny Leslie 1953 Remains to Be Seen Valeska Chauvel 1954 Doris Hillman1955 Madame Valentine Tally Dickinsen1956 Princess Gwendolyn Please Murder Me Myra Leeds1958 Minnie Littlejohn The Reluctant Debutante Mabel Claremont 1959 Summer of the Seventeenth Doll Pearl1960 The Dark at the Top of the Stairs Mavis Pruitt Countess Lina 1961 Blue Hawaii Sarah Lee Gates1962 The Four Horsemen of the Apocalypse Marguerite Laurier Voz (sen acreditar) All Fall Down Annabell Willart Mrs. Nadia Iselin 1963 In the Cool of the Day Sybil Logan1964 Isabel Boyd Dear Heart Phyllis1965 Claudia Procula The Amorous Adventures of Moll Flanders Lady Blystone Harlow Mama Jean Bello 1966 Mister Buddwing Gloria 1970 Something for Everyone Countess Herthe von Ornstein 1971 A meiga novata Miss Eglantine Price 1978 Death on the NileSalome Otterbourne 1979 Miss Froy 1980 Miss Jane Marple 1982 Mommy Fortuna Voz 1983 The Pirates of Penzance Ruth 1984 Granny 1991 Beauty and the BeastMrs. Potts Voz1997 Beauty and the Beast: The Enchanted Christmas Voz Anastasia Narradora/Emperatriz viúva María Feodorovna Voz 2000 Fantasia 2000 Ela mesma (presentadora)Segmento The Firebird 2001 Mickey's Magical Christmas: Snowed in at the House of Mouse Mrs. Potts 2003 Broadway: The Golden Age Ela mesma Documental 2005 Nanny McPhee Great Aunt Adelaide 2008 Heidi 4 Paws Grandmamma Sesehound Voz 2011 Mr. Popper's Penguins Mrs. Selma Van Gundy 2013 Justin and the Knights of Valour The Witch Voz 2014 Driving Miss Daisy Miss Daisy Werthan Estrea cinematográfica da produción teatral australiana2018 The Grinch Mayor McGerkle Voz Mary Poppins Returns Balloon Lady Buttons: A Christmas Tale Rose2022 O misterio de Glass Onion: Puñais polas costasEla mesma

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina web sobre Angela Lansbury

Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de voz de Inglaterra Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1925 Categoría:Nados en Tower Hamlets Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Finados en 2022 Categoría:Óscar honorífico