dereita|miniatura|360px|A luz zodiacal ó leste no firmamento pouco antes do amencer. Tamén son visibles Venus e o cúmulo aberto M44. A luz zodiacal é unha feble banda de luz, de forma case triangular, que pode verse no ceo nocturno estendéndose ó longo do plano da eclíptica onde se atopan as constelacións do Zodíaco. Cobre o ceo por completo aínda que só é apreciable sobre o plano da eclíptica e é responsable do 60% da luz natural nunha noite sen Lúa. Está causada pola dispersión da luz solar nas partículas de po que se atopan ó longo de todo o Sistema Solar.
Observación
A luz zodiacal é moi feble e é completamente invisible nos ceos iluminados por outros obxectos brillantes coma a Lúa ou a contaminación lumínica. Nas latitudes medias do hemisferio norte observase mellor dirixindo a vista cara ao oeste na primavera, despois do crepúsculo, o mirando cara ao leste no outono, un pouco antes do amencer.
Decrece en intensidade lumínica coa distancia con respecto ó Sol. En certas noites moi escuras pódese observar unha banda continua ó longo de toda a eclíptica. En oposición á luz zodiacal, é posible observar un brillo ovalado moi feble coñecido coma Gegenschein.
Orixe
A luz solar absorbida polas partículas de po é reemitida novamente coma radiación infravermella en tódalas direccións. Isto causa que as pequenas partículas sexan freadas lentamente pola presión da radiación solar, describindo órbitas cada vez máis pechadas e migrando cara ao Sol (efecto Poynting-Robertson).
Dado que o tempo de vida do po no Sistema Solar é moi reducido comparado coa súa historia, é necesario ter unha fonte continua de novas partículas que manteñan a luz zodiacal. O po xerado polos cometas e nas colisións entre pequenos asteroides manteñen o plano da eclíptica poboado con partículas de po. Nestes anos púidose observar coma a luz zodiacal ten estruturas importantes, incluíndo bandas de absorción ligadas á maior presenza de po producido en familias de asteroides e nos restos concretos da cola dos cometas.
Véxase tamén
Outros artigos
Gegenschein
Ligazóns externas
Imaxe astronómica do día, 13 de xuño do 1999. Imaxe astronómica do día, 25 de setembro do 2007. A Brief History of Observations "Zodiacal Light and the Gegenschein", an essay by J. E. Littleton APOD do 25 de setembro de 2007
Categoría:Sistema solar