Os baños de Bande ou termas de Bande son unhas termas romanas situadas na parroquia dos Baños, no concello de Bande.

Descrición Están formadas por un conxunto de piscinas de pedra e bañeiras individuais, que aproveitan o manancial. As augas brotan a 46 °C, cun caudal de 14 l/s. Son bicarbonatado-sódicas, fluoradas e litínicas, e resultan adecuadas para afeccións dermatolóxicas, hepatodixestivas, respiratorias e reumatolóxicas.

Sitúanse preto do campamento romano de Aquis Querquennis. As termas víronse afectadas pola construción do encoro das Conchas, e adoitan estar cubertas pola auga do río Limia. Galería de imaxes

Notas

Categoría:Edificacións da Roma Antiga en Galicia Categoría:Augas termais de Galicia Categoría:Bande