miniatura|150px|Ernesto Lecuona. Ernesto Lecuona Casado, nado en Guanabacoa o 6 de agosto de 1895 e finado o 29 de novembro de 1963, en Santa Cruz de Tenerife, foi un intérprete e compositor de música cubano. É considerado o músico cubano máis destacado, e a súa obra pianística compárase coa de Manuel de Falla ou a de Ravel. Canda Gonzalo Roig e Rodrigo Prats, forma o trío máis importante de compositores do teatro lírico cubano e en especial da zarzuela. A achega máis importante de Lecuona ao xénero teatral é a romanza cubana.
Entre as súas obras destacan as zarzuelas Canto Siboney, que está integrada na súa obra La tierra de Venus; Damisela Encantadora, incluída na zarzuela Lola Cruz; Diablos y Fantasías, El Amor del Guarachero, El Batey (1929), El Cafetal, El Calesero, El Maizal, La Flor del Sitio, Tierra de Venus (1927), María la O (1930) ou Rosa la China (1932). Tamén destacar as cancións Canto Carabalí, La Comparsa e Malagueña (1933), pertencente á suite Andalucía; as súas obras para danza, Danza de los Ñáñigos e Danza Lucumí ; a ópera El Sombrero de Yarey (de paradeiro descoñecido), a Rapsodia Negra para piano e orquestra, así como a Suite Española.
Coas súas zarzuelas, deulle unha forma clasicamente definida á zarzuela cubana en canto a xénero e estilo se refire, e, polos seus logros dramáticos e musicais, fican próximas á ópera. En 1942, a súa composición "Siempre en mi corazón", foi candidata para o Oscar como canción; mais no seu lugar gañou "White Christmas".
Biografía Fillo do xornalista español Ernesto Lecuona Ramos, que era orixinario das Illas Canarias, que se estableceu en Cuba, comezou a estudar piano baixo a tutela da súa irmá Ernestina. Foi un neno prodixio. Deu o seu primeiro recital aos 5 anos, e aos 13 realizou a súa primeira composición, a marcha titulada Cuba y América para banda de concerto.
Estudou no Peyrellade Conservatoire con Antonio Saavedra e Joaquín Nin. Graduouse no Conservatorio Nacional da Habana cunha medalla de ouro en interpretación cando tiña 16 anos. Fóra de Cuba comezou a súa carreira no Aeolian Hall (Nova York) e continuou os seus estudos en Francia con Maurice Ravel. Introduciu a orquestra latina nos Estados Unidos, os Lecuona Cuban Boys.
En 1960 trasladouse a Tampa. A difusión da súa obra musical correu a cargo de moitos músicos e directores de orquestra, como por exemplo o director Xavier Cugat, de orixe catalá. É preciso recoñecer que á difusión da súa obra lle dedicaron importantes esforzos o seu amigo e colaborador artístico Orlando Martínez, así como o tamén pianista e musicólogo cubano Odilio Urfé. Tamén destacar que a prensa e a crítica —tanto foránea como do patio— fóronlle sempre favorables a Lecuona.
Tres anos máis tarde morreu en Santa Cruz de Tenerife, Illas Canarias, durante unhas vacacións para coñecer a terra natal dos seus pais. Os seus restos descansan no cemiterio de Gate of Heaven, en Hawthorne, Nova York.
Filmes con música de Lecuona Under Cuban Skies, MGM (1931) Free Soul, MGM (1931) Susana Lenox, MGM (1931) Pearl Harbor, MGM La Cruz y La Espada, MGM Always in My Heart, Warner Bros. (1942) One More Tomorrow, Warner Bros. (1946) Carnival in Costa Rica, 20th Century Fox (1947) Maria La O (Filme mexicano) Adiós, Buenos Aires (Filme arxentino) La Última Melodía (Filme cubano) 2046 (2004) (Filme chinés) La Isla (2005) Fresa y chocolate (Filme cubano) (1993)
Música (escolma) Para piano Suite Andalucía Córdova/Córdoba Andaluza Alhambra Gitanerías Guadalquivir Malagueña San Francisco El Grande Ante El Escorial Zambra Gitana Aragonesa Granada Valencia Mora Aragón
Valses Si menor (Rococó) La bemol Apasionado Crisantemo Vals Azul Maravilloso Romántico Poético
Outras
Zapateo y Guajira Para Vigo me voy Rapsodia Negra Canto del Guajiro La Habanera Tres miniaturas Polichinela Bell Flower Cajita de música Mazurca en glissado Preludio en la noche Diario de un niño Yumurí Zenaida Benilde No me olvides Melancolía Orquídeas La primera en la frente La Comparsa El tanguito de mamá (también llamada A la antigua) La danza interrumpida La mulata Arabesque Ella y yo La Cardenense Al fin te vi Impromptu Los Minstrels Gonzalo, ¡no bailes más! ¡Que risa me da! Mi abuela bailaba así ¡No hables más! No puedo contigo ¡Echate pa'llá María! Ahí viene el chino ¿Por qué te vas? Lola está de fiesta En tres por cuatro Danza Lucumí ¡Y la negra bailaba! La conga de medianoche Danza de los Ñáñigos Yo soy así Pensaba en ti Dame tu amor Amorosa Mis tristezas Como baila el muñeco Futurista Burlesca Mientras yo comía maullaba el gato La 32 Y sigue la lloviznita! El miriñaque Eres tú el amor Andar Muñequita Tú serás Negrita Aquí está Melancolía Lloraba en sueños Negra Mercé La negra Lucumí
Véxase tamén Ligazóns externas Lecuona Ernesto Lecuona Biografía Ernesto Lecuona
Categoría:Músicos de Cuba Categoría:Nados en 1895 Categoría:Nados na provincia Cidade da Habana Categoría:Finados en 1963 Categoría:Cubanos de ascendencia canaria Categoría:Pianistas de Cuba