Hábitats
Mamíferos
miniatura Entre os grandes carnívoros destacan dúas especies desaparecidas de boa parte da Europa occidental, o oso pardo, noutrora espallado polos principais montes das catro provincias galaicas e hoxe visitante ocasional dos Ancares lucenses, e o lobo ibérico, subespecie endémica da Península que conta cunha poboación de 600 exemplares (o 30% da peninsularLa Xunta no considera que sea una especie amenazada, pues su población no está en descenso, sino bastante estabilizada en esta autonomía. La Comunidad gallega concentra unas 80 manadas de lobos, entre 500 y 600 ejemplares, una cifras que suponen el 30% del total en España. Además, la Xunta no considera que sea una especie amenazada, pues su población no está en descenso, sino bastante estabilizada en esta autonomía. Lavozdegalicia.es 29/11/2005, Consultada o 07/07/09), o que fai de Galicia a comunidade onde se atopa a maior densidade desta especie.Os ecoloxistas esixen axudas para fomentar a pervivencia do lobo Lavozdegalicia.es 13/8/2008, Consultada o 07/07/09 Outros carnívoros destacados son o gato montés, escaso en Galicia (distribúese polas zonas rochosas e os bosques caducifolios máis afastadas do home),Barja Núñez & Bárcena (2005) o raposo e os mustélidos; teixugo, furón bravo, donicela, londra, visón americano (introducido polas granxas peleteiras nos anos 60, hoxe en día constitúe unha ameaza para as aves),Visón americano Medioambiente.xunta.es, Consultada o 08/07/09 martaraña e garduña. Os Vivérridos están representados coa presenza da algaria. miniatura|Co abandono do rural especies coma o corzo e, en particular, o xabaril están vivindo unha rápida expansión Os herbívoros están representados por especies bastante espalladas como algúns cérvidos: cervo común, gamo, (introducidos como especies cinexéticas) e corzo. Poboacións de cabra montesa (reintroducida en 1997), carneiro bravo (introducido como especie cinexética) e redutos de rebezo. Co paseniño abandono do rural galego, destaca o incremento das poboacións de xabaril e corzo.Furtivismo S.A. Elcorreogallego.es 17/05/2008, Consultada o 08/07/09 Segundo a Asociación del Corzo Español, Galicia é a comunidade española coa maior densidade desta especie, destacando en particular a provincia de Lugo onde se cifrou unha poboación duns 22.000 corzos (2007).LA FACULTAD DE VETERINARIA DE LUGO Y LA A.C.E. LLEVAN A CABO UN ESTUDIO SOBRE LAS ENFERMEDADES PARASITARIAS QUE AFECTAN AL CORZO EN GALICIA. Corzo.info 23/11/09, Consultada o 08/07/09 No tocante ao xabaril, a súa poboación estimouse nuns 40.000 animais, cifra que sen a incidencia das batidas podería chegar ata os 100 mil, constituíndo unha auténtica praga no monte galego.O imparable abandono do campo apontoa o imperio do xabaril Lavozdegalicia.es 01/03/09, Consultada o 08/07/09
Ten unha boa representación varias especies de insectívoros: ourizo cacho, furaño común e de xardín, murgaño patibranco e de Cabrera, furafollas ibérico, grande e pequeno, toupa, o aguaneiro; roedores: esquío, rato mouro, rilón, leirón careto; lagomorfos (destacan endemismos como a lepus granatensis e a lepus castroviejoi), quirópteros; rexistrouse a presenza de 19 das 40 especies de morcegos que viven en Europa o que fai de Galicia un paraíso para os quirópteros europeos,Galicia cuenta con casi la mitad de la diversidad de murciélagos de Europa Soitu.es 19/08/2008, Consultada o 07/07/09 pinnípedos e cetáceos; Nas costas galegas atópanse 6 especies diferentes de pinnípedos,Obxectivo: preservar os enclaves marítimos Galicia-hoxe.com 17/08/2007, Consultada o 09/07/09 no tocante aos cetáceos, rexistrouse a presenza de ata 22 especies de cetáceos, das cales as máis comúns son o caldeirón, o golfiño riscado, o arroaz (cuns 500 exemplares), a toniña (con 300) e o golfiño común.Oceana reclama unha reserva mariña en Muros para conservar os cetáceos Galicia-hoxe.com 08/04/2009, Consultada o 07/07/09
Extincións e reintroducións
Os séculos XIX e XX viron minguar as poboacións dalgúns dos principais mamíferos galegos ata o punto de extinguirse no territorio galaico. As causas principais foron a caza indiscriminada e a alteración do hábitat. Isto levou á extinción a especies tan senlleiras da fauna galega como o oso pardo, a capra pyrenaica lusitanica (endémica de Galicia e do norte de Portugal), o rebezo e outras que naquel tempo xa eran escasas en Galicia coma o lince (tamén coñecido como lobo cerval ou rabaz).Biodiversidade/Especies/ Especies extintas Medioambiente.xunta.es 2007, Consultada o 07/07/09 Tense constancia da presenza do oso pardo en Galicia xa dende a Idade Media. A distribución do oso pardo en Galicia chegou a abranguer as catro provincias galegas, aínda que de xeito irregular. O oso debeu chegar incluso ata a costa como denota a toponimia; como por exemplo a parroquia costeira de Oseiro no concello de Arteixo cuxo topónimo fai referencia á abondosidade de osos.Distribución histórica del oso pardo en la Península Ibérica - Ministerio de Medio Ambiente Mma.es 18/04/06, Consultada o 07/07/09 Os derradeiros osos galegos foron abatidos nos anos 20 do século XX. Segundo Ortuño y De la Peña (1977) os derradeiros osos de Galicia foron unha osa e maila súa cría cazados nos Ancares en 1920. Porén L. Iglesias (1932) citou a súa presenza en 1927 e Cunqueiro e Castroviejo (1977) falan dun oso cazado no concello de Cervantes sen citar data. A Capra pyrenaica lusitanica, autóctona do noroeste ibérico extinguiuse a finais do século XIX. Na actualidade a Xunta de Galicia está a reintroducir unha subespecie moi semellante á cabra montesa galega, a Capra pyrenaica victoriae, con exemplares procedentes da Serra de Gredos. O programa está a ter grande éxito nos parques naturais da Baixa Limia-Serra do Xurés e Montes do Invernadeiro. No ano 2006 censáronse 400 exemplares en ámbolos dous parques.A poboación de cabra montesa multiplicouse por sete nun decenio Lavozdegalicia.es 16/07/09, Consultada o 07/07/09 No caso do lobo cerval en Galicia considérase extinguido dende os anos 1980-85, datas nas que aínda se cazaba en zonas do leste e sur da provincia de Ourense.O lince. O lobo cerval. Lynx pardinus. Unha xoia que xa non temos en Galicia. Consultada o 12/07/09 Sarmiento escribía xa no século XVIII que non é animal moi frecuente, nin tampouco moi raro en Galicia.
Avifauna
Paseriformes Os córvidos atópanse ben representados: pega rabilonga, marza e azul, gralla cereixeira, corvo viaraz e carnazal, e maila choia biquivermella. O abellaruco europeo e o gaio azul revelan a influencia das especies mediterráneas no sur de Galicia. Outros paxaros paseriformes de gran poboación no país son o pardal ou o merlo.
Aves de caza, zancudas e de curral
Outras non paseriformes
Aves mariñas Os álcidos xunto cos carráns, gaivotas, paíños, mascatos e corvos mariños son os principais explotadores dos recursos mariños das costas galaicas. Paíño do mal tempo|miniatura
A comunidade de aves mariñas de Galicia participa de dúas características fundamentais: As costas de Galicia debido á súa posición xeográfica, encamiñan os pasos migratorios de varias especies de aves mariñas con importantes poboacións aniñantes nas costas do Atlántico Norte, circunstancia á que se sumarían as rutas de dispersión postnupcial dalgúns procelariformes; pardelas cincenta, curricacho, xoubeira, furabuchos e balear. Arao dos cons|miniatura|esquerda
En segundo lugar, un volume máis ou menos importante de aves mariñas do Atlántico Norte ten cuarteis de invernada nas augas de Galicia tal e como sucede co corvo mariño grande, as gaivotas escura e chorona, o arao dos cons, romeiro, e papagaio, o mascato, o paíño gallado e os carráns cristado, ártico e común.
As costas galegas destacan tamén polas súas colonias de cría de aves mariñas. En Galicia hai 7 especies aniñantes: o paíño do mal tempo, o corvo mariño cristado, as gaivotas escura, chorona, patiamarela, o garrucho, e mailo arao dos cons. O paíño do mal tempo foi descuberto como aniñante no ano 1989 no illote de Agoeira, nas Illas Cíes. Dende entón descubríronse niños nas furnas de illotes illados ao longo de toda a costa galega.Os paíños europeos das illas galegas Lavozdegalicia.es 17/03/04, Consultada o 22/07/09 Arcos & Gil (2001) estimaron unha poboación de máis de 240 parellas.Paíño Europeo Hydrobates pelagicus Seo.org 24/07/09 O corvo mariño cristado aniña ao longo de toda a costa, atopándose o groso da poboación no Parque nacional das Illas Atlánticas onde se atopa a maior colonia europea.Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) Medioambiente.xunta.es, Consultada o 25/07/09 O primeiro censo galego da especie data de 1976, cando se citou unha poboación de 539-555 parellas, a poboación seguiu medrando ata chegar a un máximo de 2.500 pp entre os anos 2000-03.Penas Patiño & Pedreira López & Silvar (2005), p. 50 A partir desa data, mentres o resto das poboacións galegas medraban notablemente, as colonias principais sufriron un descenso maior ao 40%, pasándose a unha poboación total de 1.266 en 2007 (un 33 % menos)Web dedicada ao estudo e a divulgación de información sobre o cormorán moñudo na Península Ibérica . (Consultado o 25/07/09).
miniatura|Corvo mariño cristado no niño. Entre as causas da diminución, atópanse a mortalidade producida por mor da marea negra do Prestige, as capturas accidentais producidas polos trasmallos e a presión que exercen sobre as colonias especies invasoras.No ano 2009 detectáronse os primeiros casos de depredación por visóns americanos. A gaivota escura é principalmente invernante (15.000 exemplares de media),As aves acuáticas 1 Medioambiente.xunta.es Consultada o 25/07/09 aínda que tamén existen pequenas poboacións ao longo da costa galega. No ano 2000 contabilizáronse unhas 330 parellas aniñantes nas Illas Sisargas, Sálvora, Coelleira e nas Illas Cíes principalmente.Aves Mariñas de Galicia- Marea Negra do Prestige Webs.uvigo.es 27/03/2003, Consultada o 25/07/09 Como invernante a súa poboación varía entre os 6.000 e os 14.000 exemplares. Exemplares de gaivota patiamarela nas Illas Cíes|miniatura|esquerdaA gaivota chorona, ao igual ca escura, inverna nun número considerable (22.500 exemplares), atópase en expansión e cría localmente ao longo da costa e do interior galego. A gaivota patiamarela é a gaivota máis abondosa en Galicia. No suroeste do país vive o 10% da poboación mundial, asemade ten no arquipélago das Illas Cíes a súa principal colonia mundial. En toda a comunidade aniñan máis de 46.000 pp (MOURIÑO et ARCOS 2002) principalmente na costa, aínda que cada vez aniña máis nas vilas galegas costeiras, chegando a aniñar en vilas interiores coma Santiago de Compostela.Penas Patiño & Pedreira López & Silvar (2005), p. 250 O garrucho colonizou a península a comezos dos anos 70, como consecuencia do grande aumento e expansión das súas colonias setentrionais, aniñando por primeira vez nas Illas Sisargas en 1974. Máis tarde descubríronse colonias no Cabo Vilán en 1987 e nas Illas Berlengas de Portugal, desaparecendo destas en 1983. Estas colonias marcan o límite sur da súa distribución no Atlántico. En 1992 a súa poboación aniñante estimouse en 235 parellas, cunhas 185 parellas na colonia das Illas Sisargas, considerándose como estabilizada e cunhas 50 parellas no Vilán de Fóra. Até finais dos 90 a evolución das colonias semella confirmar a súa estabilidade ou un lixeiro crecemento. Durante o inverno, pasan polas costas galegas miles de aves, sendo máis escaso o seu número no Mediterráneo.