O golfiño común ou delfín común,delfín no dicionario da RAG. Delphinus delphis Linnaeus, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos.

É un golfiño oceánico propio as augas tropicais e subtropicais próximas ás costas de ambas as beiras do Atlántico norte e das de todo o Pacífico.

Etimoloxía O nome do xénero, que tamén dá nome á familia, Delphinus, tomouno Linneo do nome latino do golfiño (ou delfín) común, delphīnus, -i, nome que, á súa vez, deriva do grego δελφίς (delphís), "delfín",Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon ou δελφύς (delphýs). nome este último latinizado por Linneo para darlle o nome específico.

Cómpre dicir que Linneo se trabucou á hora de denominar a especie na 10ª edición do seu Systema Naturae,Caroli Linnæi: Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima reformata 1758, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.). na que a denominou como Delphiunus delphus, no canto de delphys, aínda que a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica recoñece na actualidade a primacía linneana sobre a de Gray, que a emendou en 1828.

Taxonomía

Ata 1994, cando se recoñeceu como especie diferente a Delphinus capensis, que definira Gray en 1828,Hammond, P. S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K., Karczmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W. F., Scott, M. D., Wang, J. Y., Wells, R. S. & Wilson, B (asesores) (2008): Lista vermella de especies ameazadas da UICN. críase que era a única especie do xénero Delphinus. Posteriormente, en 1971, Van Bree definu unha terceira especie, Delphinus tropicalis, pero na actualidade non é admitida pola comunidade científica, e os ictiólogos considérana como unha subespecie de Delphinus capensis, clasificada hoxe como Delphinus capensis tropicalis Jefferson & Van Waerebeek, 2002.WoRMS

Na especie recoñécense dúas subespecies:Mammal Species of the World.

Delphinus delphis Linnaeus, 1758 Delphinus delphis delphis Linnaeus, 1758 — do Atlántico europeo Delphinus delphis ponticus Barabash, 1935 — do mar Negro

Descrición

É o delfínido máis pequeno dos que frecuentan as costas galegas, cunha lonxitude corporal nos adultos de entre os 2 e os 2,6 m, e un peso de entre os 70 e os 135 kg. Os machos son lixeiramente máis grandes que as femias.Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), p. 114. miniatura|240px|Dephinus delphis visto de perfil. miniatura|240px|Esqueleto de Delphinus delphis. miniatura|240px|Dentadura de Delphinus delphis. miniatura|240px|Femia de golfiño común coa súa cría.

A súa aparencia varía tanto que ao longo dos anos propuxéronse máis de 20 especies diferentes,Carwardine, M. (1995), pp. 164-177. entre elas as seguintes:

Delphinus albimanus Peale, 1848 Delphinus algeriensis Loche, 1860 Delphinus delphus Linnaeus, 1758 Delphinus forsteri Gray, 1846 Delphinus fulvifasciatus Wagner, 1846 Delphinus fulvofasciatus True, 1889 Delphinus janira Gray, 1846 Delphinus loriger Wiegmann, 1846 Delphinus marginatus Lafont, 1868 Delphinus novaezealandiae Gray, 1850 Delphinus novaezeelandiae Wagner, 1846 Delphinus novaezelandiae Quoy & Gaimard, 1830 Delphinus vulgaris Lacépède, 1804 Delphinus zelandae Gray, 1853

Aínda que, como quedou dito, na actualidade só se recoñecen dúas especies no xénero.

Ten un corpo esvelto, hidrodinámico, delgado, e un fociño longo, pero menos que o da súa especie irmá, Delphinus capensis,De aí que, na bibliografía internacional, adoiten denominarse ambas as especies como delfín común de fociño curto e de fociño longo, respectivamente. e de cor gris escura ou negra, aínda que pode ter a punta branca; hai unha pregadura ben marcada entre o bico e a fronte, que descende desde o alto da cabeza en suave declive. Na boca ten entre 80 e 120 dentes cónicos, pequenos, similares (homodonte), en cada maxilar.

Presenta unha aleta dorsal alta, situada no centro do lombo, e de forma que pode variar entre a falciforme á case triangular, e a súa cor pode oscilar entre a negra a practicamente a branca agrisada, cos bordos máis escuros, grises ou negros. As aletas pectorais son relativamente pequenas, anchas, de cor negra ou gris, e cos extremos lixeiramente acabados en punta; os bordos da punta son convexos. O pedúnculo caudal é fino, de cor gris clara, e a aleta caudal é de cor gris escura ou negra, cunha lixeira fendedura separando os dous lobos, que teñen os extremos dirixidos cara a atrás e están rematados en punta.

A coloración é moi vistosa, co lombo gris, negro, negro purpúreo ou apardazado, que forma unha "V" ou unha "X" debaixo da aleta dorsal, como debuxando a súa sombra (deseño denominado "en reloxo de area"), que se vai aclarando no pedúnculo caudal. O ventre é branco ou de cor crema, que se ve interrompida por unha ou dúas liñas amarelas ou grises, descontinuas; na rexión torácica dos flancos presenta unha mancha (o chamado parche torácico) de cor amarelada ou crema torrada. Ao redor dos ollos leva un anteface negro, que se prolonga ata o bico. Presenta, tamén, unha estreita banda escura desde a aleta pectoral ata o centro do maxilar inferior.

Formas xeográficas

Xa vimos que dese o punto de vista taxonómico o golfiño común era un animal moi complexo, debido a que presenta moitas variacións corporais. Investigacións realizadas en California e México revelaron a presenza de dúas formas distintas, unha co bico curto e outra co bico longo. Estas dúas formas poden mostrar outras sutís diferenzas físicas e tamén de comportamento e, evidencias recentes baseadas en estudos morfolóxicos e xenéticos, suxiren que poderían tratarse de dúas especies distintas (ou, talvez, as formas de bico longo pertenceren á especie Delphinus capensis, non recoñecida por todos os autores, que seguen a falar dunha única especie). En base ás limitadas observacións, pode dicirse que ambas as formas parece ser que se distinguen tamén noutras partes do mundo.

Tanto as formas de bico curto como as de bico longo presentan toda unha serie de variacións máis sutís dentro das súas propias poboacións, que inducen a pensar que poderían tratarse de subespecies distintas, aínda que non tanto como para conceder a estes animais o rango de especie; de feito, na actualidade só se recoñecen dúas subespecies de Delphinis delphis e, por outro lado, a especie independente, pero moi próxima, Dephinus capensis, cou outras dúas, D. c. capensis e D. c. tropicalis.Delphinus capensis Gray, 1828 en SIIT.

Estas formas varían moito en tamaño corporal, desde unha media de 1,8 m no mar Negro, subespecie Delphinus delphis ponticus, ata 2,4 m no océano Índico, que se trataría, sen dúbida, da especie Delphinus capensis. Tamén varían na coloración, aínda que todas teñen o debuxo en reloxo de area nos flancos. Unha variante ben estudada é a chamada forma baixa nerítica, que se encontra no golfo de California (mar de Cortez), México, e no Pacífico tropical oriental ao norte dos 20º N. As principais diferenzas observadas neste grupo son: A cor do bico é variable. Os detalles do anteface facial poden variar. A liña que vai da aleta pectoral ao bico, é variable. A tonalidade da cor das aletas pectorais, que pode ir de gris moi clara a gris moi escura. A intensidade do parche pectoral amarelo pode variar. A tonalidade da cor da aleta dorsal é variable. O alcance e a tonalidade do gris do pedúnculo caudal poden variar moito.

Diferenzas co golfiño común de fociño longo miniatura|200px|Grupo de Dlephinus capensis.

A diferenza máis obvia entre o golfiño común de fociño curto (Delphinus delphis) e o de fociño longo (Delphinus capensis) é a lonxitude e a anchura do peteiro. Porén, hai tamén outros trazos distintivos. O golfiño de fociño curto, ten o corpo algo máis repoludo, a cabeza máis arredondada, un debuxo máis complexo no seu bico, o anteface máis conspicuo, unha banda máis estreita entre a mandíbula interior e as aletas pectorais e unhas cores máis brillantes, e adoita vivir máis lonxe das costas. O de fociño longo ten un perfil máis fino, pouco ou nada de branco entre o ollo e a aleta pectoral, a fronte máis suave, o debuxo do bico moito máis simple e unhas cores máis apagadas, e normalmente vive máis cerca da costa. Tamén hai diferenzas de comportamento entra ambas as especies.

Distribución e poboación

Distribución

O golfiño común é unha especie amplamente distribuída nas augas tropicais frescas e subtropicais temperadas dos océanos Atlántico e Pacífico.Perrin, W. F. (2002): "Common dolphins Delphinus delphis, D. capensis and D. tropicalis". En: W. F. Perrin, B. Wursig and J. G. M. Thewissen (eds.), Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 245-248. Academic Press.

Polo xeral aparece onde a temperatura das augas superficiais é de entre 10 °C e 18 °C, o que limita a distribución polo norte e polo sur, pero pode seguir as correntes de augas cálidas e saír do seu ámbito habitual. Habitualmente nada a miles de quilómetros das costas, mar dentro, e tamén sobre a plataforma continental, sobre todo en zonas con gran relevo do fondo, e menos frecuentemente en augas superficiais (de menos de 180 m de profundidade). miniatura|300px|Distribución de Delphinus delphis.

No Atlántico, encóntrase desde o sur de Noruega e Suecia ata o Sáhara Occidental, polo leste, e desde Terra Nova (Canadá) ata Xeorxia (Estados Unidos), polo oeste.Como divagante pode aparecer por Islandia e Groenlandia.

No Pacífico, esténdese desde o mar de Okhotsk e o norte do Xapón, ata o sur de Australia, de forma descontinua, no leste e, desde o Canadá ata o norte de Chile, no oeste. Tamén se encontra regularmente nalgúns mares pechados, como o mar de Okhotsk e o do Xapón, e distintas subpoboacións existen nos mares Mediterráneo e Negro.

Poboación O golfiño común é unha especie moi abundante, e dispóñense de moitas estimacións para as distintas áreas onde se encontra. Adoita estar permanentemente durante todo o ano nas mesmas zonas, pero moitas subpoboacións parecen moverse estacionalmente, e mostran máximos locais de abundancia en diferentes épocas do ano.

No Pacífico oriental tropical estimouse unha poboación duns 2 963 000 individuos,Gerrodette, T. and Forcada, J. (2002): Estimates of abundance of striped and common dolphins, and pilot, sperm and Bryde's whales in the eastern tropical Pacific Ocean. Southwest Fisheries Science Center Administrative Report LJ-02-20. e unha media de 352 000 para a costa oeste dos Estados Unidos.Barlow, J. and Forney, K. A. (2007): "Abundance and density of cetaceans in the California Current ecosystem". Fishery Bulletin. En California, os golfiños comúns mostran cambios estacionais e interanuais.Forney, K. A. and Barlow, J. (1998): "Seasonal patterns in the abundance and distribution of California cetaceans, 1991-1992". Marine Mammal Science 14 (3): 460-489.

No Atlántico, a abundancia nas augas da plataforma continental europea estimouse en 63 400 individuos en 2005. Fóra dela, nunha zona delimitada entre os 53-57º N e os 29º W estimouse en 1995 unha poboación de 273 000 exemplares.Cañadas, A. (2006): Habitat utilisation of common dolphins in the western Mediterranean. Universidade Autónoma de Madrid: Tese de doutoramento. Ao oeste do golfo de Biscaia estimouse en 1993 unha poboación de 62 000 golfiños comúns nos caladoiros das pesquerías de bonito (Thunnus alalunga)O denominado atún blanco ou bonito del Norte nas latas de conserva. con redes de deriva.Goujon, M. (1996): Captures accidentelles du filet maillant derivant et dynamique des populations de dauphins au large du Golfe de Gascogne. Rennes: École Nationale Superieure Agronomique. No Atlántico noroeste calcúlase que viven uns 121 000.Waring, G. T., Josephson, E., Fairfield, C. P. and Maze-Foley, K. (eds). (2006): U.S. Atlantic and Gulf of Mexico marine mammal stock assessments. NOAA Technical Memorandum NMFS-NE.

O declive no Mediterráneo