miniatura|dereita|Larry Flynt en 2007 Larry Claxton Flynt, Jr., nado Salyersville (Kentucky) o 1 de novembro de 1942 e finado o 10 de febreiro de 2021 nos Ánxeles, foi un editor estadounidense á cabeza da compañía Larry Flynt Publications, que produce principalmente material pornográfico, incluíndo vídeo e revistas, sendo Hustler a máis coñecida de todas elas. A compañía ten unha facturación anual que rolda os 150 millóns de dólares. Ao longo da súa vida, Larry Flynt tomou parte en varias batallas legais relacionadas coa primeira emenda da constitución dos Estados Unidos e presentouse á presidencia varias veces. Sufriu dun trastorno bipolar e quedou paralizado de cintura para abaixo debido a un intento de asasinato.

Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Pornografía Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Kentucky Categoría:Finados en 2021