A Capra pyrenaica victoriae é unha subespecie de cabra montesa autóctona de varias serras do centro da Península Ibérica.

A súa maior poboación atópase na serra de Gredos, entre as provincias de Cáceres e Ávila. Esta subespecie foi elixida para repoboar os montes galegos debido á súa semellanza coa Capra pyrenaica lusitanica, extinta en 1892.

Categoría:Caprinos Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1838