Corvus é un xénero de aves da orde das paseriformes, o tipo da familia dos córvidos. O xénero comprende máis de 40 especies distribuídas por todos o continentes, agás en Suramérica e nalgunhas illas oceánicas, e que son coñecidas vulgarmente, na súa maioría, como corvos,corvo no Dicionario da RAG. pero outras tamén co nome de grallas.gralla, 1ª acepción no Dicionario da RAG.

As especies deste xénero parece que evolucionaron en Asia Central, desde onde estenderon o seu territorio a Norteamérica (incluído México), África, Europa e Australia.

Características Para seren paxaros, son aves grandes ou medianas, oscilando o seu tamaño, desde as máis pequenas, desde a gralla cereixeira (hoxe clasificada como Coloeus monedula, que é do tamaño dunha pomba), até o corvo grande da rexión holártica, que mide entre os 52 e os 69 cm de lonxitude e pesa desde os 0,69 aos 1,7 kg.

As especies de Corvus son todas de cor negra ou negra cunha pquena parte da súa plumaxe gris ou branca. Son repoludos, e teñen peteiros grosos e fortes patas.

O seu dimorfismo sexual é moi escaso.Holyoak, David T. (1986): Enciclopedia Natura de los Animales. Volume 4. Barcelona: Editorial Orbis S. A. ISBN 84-7634-548-8, páxina 443.

Investigacións recentes descubriron que algunhas especies de corvos son quen de empregar ferramentas para diferentes usos. Ademais, son considerados uns dos animais máis espelidos da terra, cun coeficiente intelectual semellante ao que amosan certos primates.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na páxina 105,páxina 105. do volume I da 10ª edición do seu Systema Naturae.Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiæ: impensis direct. Laurentii Salvii.

Etimoloxía Linneo elixiu para o nome do xénero o termo do latín clásico corvus, -i, nome co que os antigos romanos designaban ao corvo grande.

Especies Na actualidae, dentro do xénero recoñécense as seguintes especies:Corvus Linnaeus 1758 en Familia Corvidae, na IOC World Bird List. Version 9.1 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional.Corvus Linnaeus, 1758 no ITIS.

Corvus albicollis Latham, 1790 Corvus albus Statius Muller, 1776 Corvus bennetti North, 1901 Corvus brachyrhynchos C. L. Brehm, 1822 Corvus capensis Lichtenstein, 1823 Corvus caurinus S. F. Baird, 1858 Corvus corax Linnaeus, 1758 Corvus cornix Linnaeus, 1758 Corvus corone Linnaeus, 1758 Corvus coronoides Vigors & Horsfield, 1827 Corvus crassirostris Rüppell, 1836 Corvus cryptoleucus Couch, 1854 Corvus culminatus Sykes, 1832 Corvus edithae Lort Phillips, 1895 Corvus enca (Horsfield, 1821) Corvus florensis Büttikofer, 1894 Corvus frugilegus Linnaeus, 1758 Corvus fuscicapillus G. R. Gray, 1859 Corvus hawaiiensis Peale, 1848 Corvus imparatus J. L. Peters, 1929 Corvus insularis Heinroth, 1903 Corvus jamaicensis Gmelin, 1788 Corvus kubaryi Reichenow, 1885 Corvus leucognaphalus Daudin, 1800 Corvus levaillantii Lesson, 1831 Corvus macrorhynchos Wagler, 1827 Corvus meeki Rothschild, 1904 Corvus mellori Mathews, 1912 Corvus minutus Gundlach, 1852 Corvus moneduloides Lesson, 1831 Corvus nasicus Temminck, 1826 Corvus orru Bonaparte, 1850 Corvus ossifragus A. Wilson, 1812 Corvus palmarum Württemberg, 1835 Corvus rhipidurus Hartert, 1918 Corvus ruficollis Lesson, 1831 Corvus sinaloae L. I. Davis, 1958 Corvus splendens Vieillot, 1817 Corvus tasmanicus Mathews, 1912 Corvus torquatus Lesson, 1831 Corvus tristis Lesson & Garnot, 1827 Corvus typicus (Bonaparte, 1853) Corvus unicolor (Rothschild & Hartert, 1900) Corvus validus Bonaparte, 1850 Corvus violaceus Bonaparte, 1850 Corvus woodfordi (Ogilvie-Grant, 1887)

Galería dalgunhas especies galegas

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Córvidos Coloeus O corvo na cultura popular galega

Ligazóns externas Corvus Linnaeus 1758 en Familia Corvidae, na IOC World Bird List. Version 9.1'' (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional. Alan P. Peterson: Corvus en Passeriformes. Corvus Linnaeus 1758 na EOL. Corvus no NCBI. Corvus Linnaeus, 1758 no GBIF.

Categoría:Córvidos