Xesús Conde González, nado en Castrelos (Vigo) en 1906Outras fontes aforman que naceu en 1909: «A sociedade de "Amigos del Arte" de Vigo» Gabinete de Prensa do Concello de Vigo. e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1979, foi un carniceiro, escritor e debuxante galego. Traxectoria miniatura|Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Carniceiro de profesión, estudou debuxo na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e foi socio fundador da Sociedad Amigos del Arte de Vigo.

Ilustrou Geografía del Reino de Galicia. Colaborou en Galicia, a revista do Centro Gallego de Buenos Aires, e Hispano-Brasileira de São Paulo; nos semanarios La Ráfaga e Galicia Social e nos xornais El Pueblo Gallego e Faro de Vigo. En radio, traballou nas emisoras La Voz de Vigo, Radio Vigo e Radio Popular de Vigo. Finou en Vigo o 1 de xullo de 1979 aos 73 anos.Faro de Vigo, 2-8-1981, p. 77.

Como debuxante foi seguidor da escola de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Obra en galego Unha lenda de San Amaro, 1930 (poesía relixiosa; co seu irmán Benedicto). Cousas nosas, 1960 (narrativa). Cando Colás foi á lúa, 1969 (narrativa).O autor enviou un exemplar aos astronautas do Apolo 11. Eles respondéronlle enviándolle unha medalla (GEG).

Vida persoal

Casou en Lavadores con Nieves Fernández Pérez en decembro de 1939.El Correo Gallego, 10-12-1939, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(2006) «Contribución de la Escuela de Artes y Oficios de Vigo al desarrollo artístico de la ciudad en la primera mitad del S.XX» en Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudios Vigueses n. 12, p. 242.

Outros artigos

Benedicto Conde

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1977