A medusa, augamar ou aguamar é un animal invertebrado que pertence ó grupo dos cnidarios. Atópanse en todos os océanos do planeta, dende a superficie até as profundidades. Algunhas medusas habitan en auga doce. As medusas vagaron polos mares dende hai 500 millóns de anos, ou se cadra, dende hai 700 millóns ou máis. As especies actuais presentan unha morfoloxía moi semellante ás especies fósiles.

Viven afastadas da costa, pero poden achegarse en cantidades variables por mor das correntes de auga. A chegada de medusas á costa é un fenómeno natural que se produce durante a primavera e o verán.

Notas

Categoría:Cnidarios