Jozef Adamec, nado en Vrbové o 26 de febreiro de 1942, é un antigo futbolista e adestrador eslovaco. Traxectoria
Comezou a súa carreira, xa como dianteiro, nos equipos xuvenís do Iskra Vrbové, e profesionalizouse en 1959 nas ringleiras do Spartak Trnava, o club que por máis tempo defendeu. Durante o servizo militar (daquela aínda co estado de Checoslovaquia), entre 1961 e 1963, xogou no Dukla Praga, o equipo do exército. Pasou aínda polo Slovan Bratislava e, xa no fin da súa carreira, no Slovan Viena, de Austria. Coa Selección de fútbol de Checoslovaquia xogou 44 partidos entre 1960 e 1973 marcando 14 goles.
Como adestrador estivo ao cargo de dous dos seus antigos clubs, o Spartak Trnava e o Slovan Bratislava. Adestrou tamén a Selección de fútbol de Eslovaquia entre 1999 e 2001.
Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Eslovaquia Categoría:Adestradores de fútbol de Eslovaquia Categoría:Nados no kraj de Trnava Categoría:Nados en 1942 Categoría:Xogadores do FC Spartak Trnava Categoría:Xogadores do ŠK Slovan Bratislava Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Eslovaquia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1970 Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Eslovaquia