Higashikurume (東久留米市, ひがしくるめし, Higashikurume-shi) é un concello da prefectura de Tokyo no Xapón. Está situado no centro-sur da rexión de Kantō e no centro-norte da prefectura, na área de Tama, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 12,92 km², a poboación é de 115.728 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 8.960 h/km².
O concello de Higashikurume limita cos concellos de Kiyose, Higashimurayama, Kodaira, Nishitōkyō (que son da prefectura de Tokyo); e Niiza (este último é da prefectura de Saitama).
Demografía
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Higashikurume .
Categoría:Prefectura de Tokyo Categoría:Concellos do Xapón