Kurihara (栗原市, くりはらし, Kurihara-shi) é un concello da prefectura de Miyagi no Xapón. Está situado no centro da rexión de Tōhoku e ó norte da prefectura, ao noroeste da illa de Honshū. A súa superficie é de 804,93 km², a poboación é de 76.156 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 94,6 h/km².
O concello de Kurihara limita cos concellos de Ōsaki, Tome (que son da prefectura de Miyagi); de Higashinaruse, Yuzawa (que son da prefectura de Akita); e Ichinoseki (este último é da prefectura de Iwate).
Historia A cidade de Kurihara foi fundada pola fusión de 10 concellos do distrito de Kurihara (Tsukidate, Wakayanagi, Kurikoma, Takashimizu, Ichihasama, Semine, Uguisuzawa, Kannari, Shiwahime e Hanayama) no ano 2005.
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kurihara .
Categoría:Prefectura de Miyagi Categoría:Concellos do Xapón