Malta produce só o 20% dos alimentos que consome, ten poucas reservas de auga doce e non ten fontes de enerxía propias. A posición xeográfica do país, entre a Unión Europea e África fai del unha porta para a inmigración ilegal.

O sector financeiro creceu nos últimos anos, pero non se modernizou completamente.. A caída económica mundial e a alza dos prezos da enerxía e da auga afectaron a economía do país, que depende do comercio externo, da manufactura - especialmente de produtos electrónicos e fármacos - e do turismo, pero o crecemento foi retomado cando a economía mundial recuperouse no 2010. Despois dunha retracción de 1,9% o 2009 o PIB volveu crecer un 2% o 2010.

Notas