José Ramón Cociña García, coñecido como Moncho Cociña, nado en Ribadeo o 19 de novembro de 1931 e finado no mesmo concello o 22 de xaneiro de 1996, foi un empresario e político galego. Traxectoria Foi presidente do sindicato mixto local de actuacións diversas (1969). En 1971 foi elixido concelleiro en Ribadeo polo terzo sindical. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro na candidatura de Coalición Democrática. Director da Caixa Rural de Lugo en Ribadeo. Foi parlamentario galego entre 1981 e 1989 polo PPdeG, antes Alianza Popular. Foi tenente de alcalde e despois alcalde do concello de Ribadeo durante o período que vai de 1983 até 1985. Despois presentouse ás eleccións municipais por Coalición Galega. Finou en Ribadeo o 22 de xaneiro de 1996.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-1-1996, p. 65.
Vida persoal
Casou con María Presentación Iglesias García e foi pai de Nacho, Carla, Beatriz, Mónica e Cristina Cociña Iglesias.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Ribadeo
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Alcaldes de Ribadeo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Políticos de Coalición Galega Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia