A economía de Ghana se fortaleceu grazas a unha sólida xestión durante un cuarto de século, a un ambiente de negocios competitivo e a reducións persistentes nos niveis de pobreza. Ghana é un dos países máis ricos da África tropical, e a súa economía se basea na extracción de recursos naturais e na agricultura. Os principais ítens exportados son o ouro, madeira e cacao. A moeda do país é o Cedi.
Agricultura miniatura|left|Plantación de ananás en Ghana. A principal fonte de ingresos dos agricultores é o cacao e os seus produtos derivados, que normalmente adoitan consistir en dous terzos da cantía total das exportacións, a madeira, o aceite de palma, o coco e outros produtos de palmeira, o karité, do que se extrae graxa comestible, e o café. Ademais destes produtos tradicionais, Ghana incorporou á súa agricultura novos produtos con éxito, como ananás, anacardio, pementa negra, iñame, mandioca, banana, millo, arroz, cacahuete, feixón e sorgo. Tamén dispón de aves de curral e de carne.
Practícase a minaría — principalmente de ouro, diamantes, manganeso e bauxita— O único pozo petrolífero que había abandonouse tras producir 3.5 millóns de barrís (560 000 m²) durante sete anos, pero hai indicios da presenza de gas natural.
Industria A industria de Ghana está relativamente avanzada se se compara con outros países africanos. As industrias máis importantes son as das áreas dos téxtiles, de aceiro, pneumáticos, a refinaría de petróleo, o moído de fariña, a destilaría, o tabaco, e a montaxe de coches, camións e autobuses.
Servizos O sector de servizos responde por 50% do PIB do país. O turismo pasou a ser unha das fontes de ingresos máis saudables (terceira en 1997); e o goberno de Ghana puxo moito énfase en apoiar o crecemento do turismo.
Notas
Ghana Categoría:Ghana