Düsseldorf (, en baixo alemán: Düsseldörp) é a capital do estado (Bundesland) de Renania do Norte-Westfalia. É, tras Colonia, a segunda maior cidade de Renania do Norte-Westfalia, cunha poboación duns 621 877 habitantes no 2019. Está á beira do río Rin.

Arredores Colonia Duisburgo Essen

Transportes Estradas e ferrocarril miniatura|dereita|275px|Estación principal Düsseldorf está ligado co sistema de autoestradas Autobahn alemán. Cinco destas cruzan a cidade ou pasan xunto dela. A estación principal de ferrocarril de Düsseldorf ten os servizos do InterCityExpress e máis do InterCity, que forman parte da rede de longas distancias do servizo de ferrocarril alemán ou Deutsche Bahn. Ademais ten interurbano S-Bahn, liña que comunica Düsseldorf con outras cidades da área Rhine-Ruhr. Dentro da cidade conta co tren lixeiro denominado Stadtbahn e unha rede de autobuses. O Stadtbahn liña U79, tamén chamado D-Bahn, conecta coa achegada cidade de Duisburgo, con servizo conxunto do Rheinbahn de Düsseldorf. Todos S-Bahn, Stadtbahn e liñas de buses operan baixo control da sociedade de transportes VRR.

Aeroporto miniatura|dereita|275px|Terminal do aeroporto. Nos lindes da cidade Düsseldorf, conta co aeroporto do Rhein-Ruhr ou Aeroporto Internacional de Düsseldorf, a só sete minutos por ferrocarril da estación principal da cidade (Düsseldorf Hauptbahnhof), na que existe unha liña directa co aeroporto.

Universidades Düsseldorf acolle a Universidade de Düsseldorf. Ten cerca de 16.000 estudantes.

Cidades irmandadas Reading Haifa Chemnitz Varsovia Moscova Chongqing

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina web oficial da cidade

Ligazóns externas Sitio web da cidade

Categoría:Cidades de Renania do Norte-Westfalia