A praia de Barra é un areal do concello de Cangas de Morrazo, situado ao final da península de Morrazo, na ría de Vigo, ao abrigo do cabo de Punta Subrido.
Localización e características Está situada no lugar de Donón, rodeada de piñeiro autóctono e dunas. Forma un continuo areal xunto coa praia de Area Meán, máis urbanizada, da que a separa un pequeno promontorio rochoso cunha pequena baía que serve de lugar de amarre para naves de recreo.
Esta praia foi unha das primeiras de Galiza onde se permitiu o nudismo, sendo na actualidade unha das máis afamadas praias nudistas do país.
Ao estar na boca da ría as augas do océano Atlántico están máis frías que nas praias interiores. Porén, a súa situación tamén ofrece unha auga moito máis limpa.
Forma parte do espazo protexido pertencente á Rede Natura 2000, de cabo Home e a Costa da Vela, e é veciña do parque nacional das Illas Atlánticas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Praias de Cangas de Morrazo
Ligazóns externas Información do Ministerio de Medio Ambiente sobre Barra .
Barra Barra