José Ramón González Pérez, coñecido deportivamente como José Ramón, nado en Carreira (Ribeira) o 20 de maio de 1968 é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogou no Deportivo da Coruña e na SD Compostela.

Traxectoria A súa carreira comeza no equipo da súa vila natal, o Carreira CF, ata o ano 1986 no cal pasa ao Fabril Deportivo, e posteriormente ao Deportivo da Coruña. Durante a tempada 1993–94 sufriu unha lesión de pube que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante case toda a campaña. Ao ano seguinte abandonou o equipo tras gañar a Copa do Rei e fichou pola SD Compostela, onde xogou durante tres tempadas. Na campaña 1998–99 regresou ao Deportivo, retirándose no 2000 trala consecución do título de Liga.

Como adestrador Na tempada 2008–09 firmou como adestrador do Montañeros CF, equipo da Terceira División que conseguiu meter nos postos de ascenso, conseguindo unha praza en Segunda División B tras o descenso do Ciudad de Santiago ao final da campaña. O 13 de maio de 2010 anunciou que non continuaría no club coruñés, tras posicionalo no décimo posto da categoría de bronce."José Ramón abandona o Montañeiros tras unha exitosa tempada"

En xaneiro de 2011 fíxose cargo novamente do Montañeros, tras o cesamento de Abraham García, que á súa vez fora o seu substituto cando abandonara o club o ano anterior."O Montañeros despide a Abraham García e recupera a José Ramón" En xaneiro de 2012 foi cesado debido aos malos resultados.

Persoal É irmán de Fran, tamén exfutbolista. Participou cantando con el no disco Selección Xa! da revista Bravú a favor da recuperación da Selección de fútbol de Galicia.

Palmarés Liga de España: 1999–00 Copa do Rei: 1994–95

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Futbolistas de Ribeira Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Montañeros CF Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xogadores do CD Ourense