Juan Manuel Delgado Moreno, nado en Huelva o 3 de xaneiro de 1977, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa central.

Traxectoria O seu primeiro equipo foi o Ayamonte CF, de categoría rexional, no que estivo na tempada 1995–96. Como profesional iniciouse no Recreativo de Huelva, club no que estivo entre 1996 e 1999. Na tempada 1999–00 firmou co Atlético de Madrid B, no que xogou unha campaña e posteriormente no UD Salamanca.

En xaneiro de 2001 firmou co Racing de Santander, o equipo do seu debut en Primeira División, club no que estivo até 2005, ano do seu traspaso ao Deportivo da Coruña, no que xogou dúas tempadas. Entre 2005 e 2007 xogou no CD Tenerife, en Segunda División.

En 2009 incorporouse ao Cádiz CF, equipo no que cando debutou conseguiu o seu primeiro gol, ante o Granada 74.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Huelva Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Cádiz CF