miniatura|200px|dereita|Órbitas dos dous satélites 250px|dereita|miniatura|Imaxe en cor de Deimos recolleita pola Mars Reconnaissance Orbiter o 21 de febreiro do 2009
As lúas de Marte son dúas: a lúa que recibe o nome Fobos e outra denominada Deimos. Ambas as dúas son dunha forma moi irregular e crese que proveñen do cinto de asteroides.
Os satélites de Marte foron descubertos polo astrónomo estadounidense Asaph Hall en 1877, e foi el quen lles puxo estes nomes, dos fillos do deus da guerra grego, Ares, que para os romanos era Marte. (Fobos (mitoloxía) e Deimos (mitoloxía))
Aínda que son moi pequenos e están demasiado próximos ao brillante disco do planeta, ambos poden ser capturados con telescopios de afeccionado (a partir dos 20 cm de abertura) por medio de cámaras CCD.
Historia 250px|miniatura|dereita|Imaxe en cor de Fobos obtida pola Mars Reconnaissance Orbiter o 23 de marzo do 2008. O astrónomo Johannes Kepler sinalou a principios do século XVII que Marte debía ter dous satélites, en función dun razoamento subordinado á "harmonía numérica": se a Terra tiña unha lúa e Xúpiter, no momento de realizar Kepler a súa afirmación, críase que tiña só as catro descubertas por Galileo Galilei en 1610, entón a Marte, que estaba entre os dous planetas, tocábanlle, proporcionalmente, dúas lúasMathPages - Anagramas de Galileo e as Lúas de Marte .
No libro d´"As viaxes de Gulliver", novela de Jonathan Swift publicada en 1726, aparecen os satélites marcianos descritos, quizais facéndose eco das opinións de Kepler. Tamén o francés Voltaire volverá recordar a Kepler, ou a Swift, no seu libro de ficción Micromegas, publicado en 1750, no que de novo se citan de maneira especulativa os dous satélites naturais de MarteWilliam Sheehan, O planeta Marte: Unha historia de observación e descubrimento . Por estas razóns dous cráteres de Deimos chámanse Swift e Voltaire.
Descuberta miniatura|dereita|Asaph Hall miniatura|dereita|O telescopio empregado na descuberta das lúas marcianas Foi Asaph Hall quen o 12 de agosto descubriu a Deimos e a Fobos o 18 de agosto de 1877 (fontes que usan a convención astronómica de antes do 1925 datan a descuberta o 11 e 17 de agosto respectivamente), no Observatorio Naval dos Estados Unidos en Washington, D.C..
Hall escribiu os seus descubrimentos sobre Fobos no seu caderno como segue:
Os nomes, orixinalmente Phobus e Deimus, foron suxestionados por Henry Madan (1838–1901), mestre científico de Eton, do Libro XV da Ilíada.
Órbitas Nome Imaxe Diámetro (km) Masa (kg) Distancia a Marte (km) Período orbital (h) Fobos 85px|centro 22,2 km (27×21,6×18,8) 1,08×1016 9.377 km 7,66 Deimos 75px|centro 12,6 km (10×12×16) 2×1015 23.460 km 30,35
Notas
Véxase tamén Outros artigos Marte
Categoría:Lúas de Marte