Alexis Ajinça, nado en Saint-Étienne (Ródano-Alpes) o 6 de maio de 1988, é un ex xogador profesional de baloncesto francés. Foi o primeiro xogador non estadounidense seleccionado polos Charlotte Bobcats no Draft da NBA.

Traxectoria Francia Ajinça comezou xogando no ÉB Pau-Orthez na tempada 2006-07, onde disputou dous partidos, anotou dous puntos e capturou seis rebotes en 15 minutos de xogo. Tamén apareceu en dous encontros da Euroliga, aínda que a maior parte da tempada a pasou no Pau-Orthez Espoirs, equipo júnior do Pau-Orthez. Alí promediou 12.5 puntos, 8 rebotes e 1.9 tapóns por partido. Na seguinte campaña a súa participación aumentou de maneira considerábel xogando no Hyères-Toulon. Promediou 5 puntos, 3.1 rebotes e 10.8 minutos en 24 partidos, anotando en dobres figuras en catro ocasións.

Selección nacional Ajinça formou parte da selección francesa que gañou a medalla de bronce no Campionato do Mundo Sub-19 de 2007 celebrado en Novi Sad, Serbia, promediando 7,4 puntos, 5,6 rebotes e 2,7 tapóns por partido. Tamén conquistou a medalla de ouro no Campionato de Europa Sub-18 de 2006 en Grecia, con medias de 6,9 puntos e 7,5 rebotes por encontro. En 2005 participou no Campionato de Europa Sub-18 e en 2004 no Campionato de Europa Sub-16.

NBA No Draft da NBA de 2008 foi seleccionado polos Charlotte Bobcats na 20ª posición.NBA.com Early Entry Candidates for 2008 NBA Draft (consultado en agosto de 2008) Na súa primeira tempada en Charlotte, xogou 31 partidos, 4 deles de titular, e fixo unha media de 2,3 puntos, 1,0 rebotes e 0,2 tapóns en tan só 5,9 minutos de xogo. O 13 de xullo de 2010 Ajinça foi traspasado aos Dallas Mavericks con Tyson Chandler por Erick Dampier, Matt Carroll, Eduardo Nájera e diñeiro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no departamento do Loira Categoría:Xogadores de baloncesto de Francia Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores do Élan Béarnais Pau-Orthez Categoría:Xogadores do Hyères-Toulon Var Basket Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores do Strasbourg IG Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores do ASVEL Lyon-Villeurbanne