Shibushi (志布志市, しぶしし, Shibushi-shi) é un concello da prefectura de Kagoshima no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Kyūshū e ó leste da prefectura, na zona da provincia histórica de Hyūga, na illa de Kyūshū. A súa superficie é de 290,00 km², a poboación é de 33.486 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 115 h/km².
O concello de Shibushi limita cos concellos de Soo, Ōsaki (que son da prefectura de Kagoshima); de Kushima e Miyakonojō (que son da prefectura de Miyazaki).
Xeografía Shibushi sitúase no leste da prefectura de Kagoshima, na base da península de Ōsumi, e fai fronteira coa prefectura de Miyazaki. O centro urbano é bañado pola Baía de Shibushi. miniatura|400x400px|Foto aérea de Shibushi (2008)
Concellos lindeiros Prefectura de Kagoshima
Ōsaki Soo
Prefectura de Miyazaki
Kushima Miyakonojō
Clima Shibushi ten un clima subtropical húmido. (Köppen Cfa), con veráns cálidos, invernos suaves. As precipitacións son significativas durante todo o ano e son máis abundantes no verán, especialmente nos meses de xuño e xullo. A temperatura media anual en Shibushi é de 17,1 °C. A precipitación media anual é de 2.457,9 mm, sendo xuño o mes máis húmido. As temperaturas son máis altas de media en agosto, cun total de 26,7 °C, e as máis baixas en xaneiro, cun total de 7,2 °C.
Demografía Desde que Shibushi e predecesores empezaron a facer o censo en 1950 a poboación descendeu dende os 50.726 nese mesmo ano aos 29.329 en 2020, representando un descenso do 40% da poboación.
Historia A área de Shibushi foi desenvolvida como o porto do señorío de Shimazu, un señorío vasto que ocupaba o sur de Kyūshū desde o final do período Heian. Este señorío evolucionou ao Dominio de Satsuma no período Edo. Despois da Restauración Meiji establecéronse as aldeas de Shibushi e Matsuyama coa creación do sistema moderno de concellos o 1 de xullo de 1889. Shibushi foi elevada ao status de vila en 1913, seguida de Matsuyama en 1958. A cidade de Shibushi foi establecida coa unión das vilas de Shibushi, Matsuyama e Ariake (todas do distrito de Soo).
Goberno Shibushi ten unha forma de goberno de alcalde-consello cun alcalde elixido directamente e un consello municipal unicameral de 20 membros. Shibushi, xunto coa cidade de Ōsaki, contribúe cun membro á Asemblea Prefectural de Kagoshima. En termos de política nacional, a cidade forma parte do 4º distrito de Kagoshima da cámara baixa da Dieta do Xapón.
Economía Shibushi ten unha economía primaria baseada na agricultura, pesca, forestería e no procesado de alimentos.
Educación Shibushi ten 16 escolas primarias públicas e cinco escolas secundarias públicas xestionadas polo goberno da cidade e un instituto público xestionado pola Xunta de Educación da Prefectura de Kagoshima. Tamén hai un instituto privado.
Transporte
Ferrocarril JR Kyushu - Liña Nichinan
Atraccións locais
Castelo Shibushi (sitio histórico)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Shibushi .
Categoría:Prefectura de Kagoshima Categoría:Concellos do Xapón