Heliodoro Fernández Gastañaduy, nado en Pontevedra o 29 de setembro de 1859 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 1917Necrolóxica en La Libertad, 22-3-1917, p. 2., foi un médico e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Francisco Fernández Anciles. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1878), foi médico en Pontevedra. Foi redactor de El Independente e Diario de Pontevedra e colaborou en Galicia e Suevia. En 1882 firmou a circular para publicar a coroa fúnebre de Andrés Muruais e formou parte do xurado cualificador nos Xogos Florais de Lugo (1907). Foi elixido numerario da Real Academia Galega, pero non chegou a tomar posesión.

Obra Opúsculo higiénico sobre el cólera, 1884. El doctor Gutiérrez, 1903 (teatro). Nuevo ambiente (teatro). ¿Neurastenia?, 1909 (teatro). Un vello paroleiro, 1912 (teatro). O pote, 1920 (zarzuela).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1917 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público