<font color=#FFFFFF size="3"> North Carolina Tar Heels División División I da NCAA Subdivisión no fútbol americano Football Bowl Subdivision (FBS) Conferencia Atlantic Coast Conference Alcume Tar Heels Mascota Bélier Estadio de fútbol americano Kenan Stadium (60.000 espectadores) Pavillón de baloncesto Dean Smith Center (H)(21.750 espectadores)Carmichael Auditorium (F)(10.180 espectadores) 300px North Carolina Tar Heels é o equipo deportivo da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, Carolina do Norte. Os equipos dos Tar Heels participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forma parte da Atlantic Coast Conference.

Os Tar Heels gañaron 39 campionatos nacionais en cinco deportes diferentes, e 51 campionatos nacionais individuais. O equipo feminino de fútbol gañou 18 campionatos nacionais dende 1981, e o masculino en 2001; o masculino de baloncesto fixo o propio en 1924, 1957, 1982, 1993, 2005 e 2009, e o feminino en 1994; o masculino de lacrosse en 1982, 1986 e 1991; o feminino de hóckey sobre herba en 1989, 1995, 1996 e 1997; o feminino de balonmán en 2004, e o masculino en 2004, 2005 e 2006.

Deportistas do talle de Michael Jordan, James Worthy, Bob McAdoo, Vince Carter, Rasheed Wallace, Jerry Stackhouse, Antawn Jamison, Mia Hamm, Eddie Pope e Marion Jones proceden desta universidade.

Baloncesto O equipo de baloncesto gañou cinco campionatos nacionais. Os Tar Heels gañaron o seu primeiro campionato nacional de baloncesto en 1957, con Frank McGuire coma adestrador. Os Tar Heels gañaron contra a Universidade de Kansas na final. Os Tar Heels gañaron o seu seguinte campionato nacional en 1982, vencendo á Universidade de Georgetown no seu último partido. En 1993, os Tar Heels gañaron o seu terceiro campionato nacional contra a Universidade de Míchigan. Dean Smith era o adestrador nos campionatos de 1982 e 1993. No seu cuarto e quinto campionato, os Tar Heels, con Roy Williams coma adestrador, gañaron á Universidade de Illinois en 2005 e contra a Universidade de Michigan State no ano 2009, respetivamente.

Dorsais retirados Baloncesto

miniatura|dereita|300px|O Dean Smith Center, coas bancadas baleiras <font color=white>Dorsais retirados en baloncestoDorsalXogadorAno NC Jack Cobb 1926 20 George Glamack 1941 10 Lennie Rosenbluth 1957 12 Phil Ford 1978 52 James Worthy 1983 23 Michael Jordan 1985 33 Antawn Jamison 1999

Fútbol americano

Dorsais retirados en fútbol americanoDorsalXogador 22 Charlie Justice 46 Bill Sutherland 50 Art Weiner 59 Andy Bershak 99 George Barclay

Véxase tamén Ligazóns externas InsideCarolina ESPN.com - UNC clubhouse

Categoría:Equipos da NCAA