Davos (en romanche Tavau, en italiano Tavate) é unha cidade e comuna Suíza do cantón dos Grisóns, situada no distrito de Prättigau/Davos, círculo de Davos.
miniatura|250px|dereita|Vista de Davos dende o ar no inverno
A partir do 1 de xaneiro de 2009 trala fusión coa comuna de Wiesen, Davos converteuse na comuna máis grande de Suíza, quitándolle o posto á comuna valesana de Bagnes.
Xeografía Limita ao norte con Klosters-Serneus, ao leste con Susch, ao sur con S-chanf e Bergün/Bravuogn, ao suroeste con Filisur e Schmitten, e ao oeste con Arousa e Langwies.
Puntos de interese xeral Davos é famoso por ser a sede do encontro mundial do Foro Económico Mundial, no que se reúnen as elites sociais e económicas do mundo. Tamén é famosa pola celebración de eventos de deportes de inverno, como a Copa Spengler, o torneo de clubs máis antigo de hóckey sobre xeo.
Davos non é só un dos maiores lugares de vacacións de montaña, de deportes e de congresos nos Alpes, senón tamén a cidade de Europa de maior altitude (1560 - 2844 metros, 5100 - 9300 pés). Davos atópase na parte suroriental de Suíza, no cantón dos Grisónss. O idioma oficial é o alemán. Davos é un lugar multicultural; practicamente todo o mundo pódese entender en inglés, francés ou italiano.
A Davos chégase comodamente desde todas partes en automóbil ou en tren. O aeroporto máis próximo é o Zürich, a viaxe en auto desde alí dura 2 horas e en tren tárdase 2 horas e 30 minutos.
Datos de Davos Davos sitúase a unha altitude de 1.560 m (5.100 pés). A súa poboación é de 10.491 habitantes no 2005.
Ten: 100 restaurantes. 24.000 camas entre hoteis e casas de vacacións. 200 tendas nas que se pode pagar con francos suízos CHF, euros EUR e cartas de crédito. 54 instalacións. 1 estación de remonte a 2.844 metros (9.300 pés). 300 quilómetros de pistas de esquí (186 millas) cunha pista de 12 quilómetros. 97 quilómetros de camiños para sendeirismo no inverno (60 millas). Campo de golf de 18 buracos 75 quilómetros de itinerarios para esquí de fondo (47 millas).
Cidades irmandadas Aspen Chamonix Sanada
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Cidades de Suíza Categoría:Esquí