Anggun Cipta Sasmi, coñecida coma Anggun, nada o 29 de abril de 1974 en Iacarta (Indonesia), é unha cantante e compositora indonesia con nacionalidade francesa.
Traxectoria Despois do grande éxito acadado no seu país natal dende os 12 anos, decidiu comezar unha carreira internacional e abandonou Indonesia. Tras un ano en Londres, estableceuse en París, onde coñeceu o produtor Erick Benzi, que lle axudou a conseguir un contrato discográfico con Sony Music France e a gravar o seu primeiro álbum en francés, Au Nom de la Lune, en 1996. A finais de 1997, fixo historia ao converterse na primeira artista asiática en irromper no mercado musical ao editar o seu primeiro álbum internacional Snow on the Sahara en Europa, Asia e Norte América. Neste álbum estaba incluído o seu single de maior éxito ata o momento, Snow on the Sahara.
Álbums en lingua indonesia 1986: Dunia Aku Punya 1990: Mimpi 1990: Tua Tua Keladi 1990: Takut 1991: Anak Putih Abu Abu 1992: Nocturno 1993: Anggun C. Sasmi... Lah!!! 1994: Yang Hilang
Álbums en francés 1997: Au Nom de la Lune 2000: Désirs Contraires 2005: Luminescence 2006: Luminescence Edition Speciale 2008: Elévation
Álbums en inglés 1998: Snow on the Sahara 1999: Anggun 2000: Chrysalis 2002: Open Hearts 2005: Luminescence 2006: Luminescence Special Edition 2006: Best Of 2008: Elevation
Ligazóns externas Anggun - Páxina Oficial AnggunFrance - Páxina Oficial en Francia
Categoría:Músicos de Francia Categoría:Representantes de Francia en Eurovisión Categoría:Participantes nos Enfoirés Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Iacarta