Araliaceae (1300 spp. 50 generos) é unha familia de plantas da orde das apiales, que inclúe as hedras (Hedera spp., en particular Hedera helix) e o ginseng (Panax spp., de Corea e de uso medicinal). Son plantas leñosas ou raramente herbáceas, a miúdo lianas. As follas son alternas, simples ou divididas. Flores inconspicuas, regulares, xeralmente bisexuais, case sempre pentámeras, con estames alternipétalos e con xineceo ínfero con 5 estilos (carácter definitorio da familia). Inflorescencias umbelares. Froito en baga ou en drupa. Existen 49 xéneros e unhas 700 especies orixinarios das zonas tropicais e subtropicais.
Xéneros Subfamilia Aralioideae Anakasia Apiopetalum Aralia Arthrophyllum Astrotricha Boninofatsia Brassaiopsis Cephalaralia Cheirodendron Cromapanax Cuphocarpus Cussonia Delarbrea Dendropanax Didymopanax Eleutherococcus Fatsia Gamblea Gastonia Harmsiopanax Hedera Heteropanax Hunaniopanax Kalopanax Mackinlaya Macropanax Megalopanax Merrilliopanax Meryta Motherwellia Munroidendron Myodocarpus Oplopanax Oreopanax Osmoxylon Panax Pentapanax Polyscias Pseudopanax Pseudosciadium Reynoldsia Schefflera Sciadodendron Seemannaralia Sinopanax Stilbocarpa Tetrapanax Tetraplasandra Trevesia Woodburnia Subfamilia Hydrocotyloideae Azorella Centella Hydrocotyle Platysace Xanthosia
Véxase tamén