A Sociedade Deportiva Pol é un equipo de fútbol da parroquia de Mosteiro, no concello de Pol. Actualmente xoga no Grupo Norte da Preferente Galicia.
Historia miniatura|300px|dereita|Torta co escudo da SD Pol durante a cea do 30 aniversario do club.
A SD Pol naceu o 2 de xaneiro de 1979 no bar Abuíde de Mosteiro, onde se reuniron os primeiros responsables do club. O primeiro presidente foi Manuel Luna. Con el procedeuse á construción do estadio sobre un terreo veciñal, que recibiu o nome do Aturuxo e que foi rebautizado posteriormente de forma oficial como estadio Manuel Luna. No seu primeiro ano de existencia, o club rematou sétimo clasificado da extinta Liga das Rías Altas (nome do grupo norte lucense da antiga Segunda Rexional, hoxe Segunda Galicia).
Despois de oito tempada na Segunda Rexional, o equipo logrou o ascenso á Primeira Rexional na tempada 1986/87, tras proclamarse campión e culminar a competición cunha histórica goleada sobre o Rodeiro por 18-0. Mantívose durante catro campañas en dita categoría, ata que volveu descender na 1990/91. Durante as seguintes tres décadas militou na Segunda Rexional (chamada dende 2006 Segunda autonómica), agás dous efémeros pasos pola Primeira nas campañas 1996/97 e 2000/01.
En 2011 descendeu á Terceira Autonómica e alternou as dúas últimas categorías do fútbol galego ata que en 2018 conseguiu o ascenso á Primeira Galicia. Tras varios anos na categoría, ao remate da 2023/24 ascendeu por primeira vez na súa historia á Preferente, ao proclamarse campión do grupo lucense de Primeira.
Outros equipos A SD Pol contou tamén con diferentes formacións de cadetes, xuvenís e veteranos. Na tempada 2006/07 creou un equipo de baloncesto júnior, que continuou cun equipo afeccionado que xoga en Segunda Provincial. O club ten 49 licenzas federativas e 186 socios.
Estadio As medidas do campo Manuel Luna son 105 x 62 m. O complexo do estadio conta, á parte de co campo, cun muro que rodea o recinto, vestiarios, almacén de material e bar. Está prevista unha reforma do campo para dotalo de bancada e de novas instalacións auxiliares en 2010.
O complexo foi inaugurado cun partido amigable entre o CD Lugo e o RC Deportivo da Coruña.
miniatura|300px|dereita|Integrantes do cadro de xogadores do Pol xuvenil na tempada 08/09 (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo): Mario González (adestrador), David, Adrián, Joni, Iago, Denís, Casal, Diego Penelas, Izan, Hugo, Josiño, Fernando, Beto, Turbo, Pancho, Iván e Suso. Faltan na foto Héctor, Ángel, Diego Barreira e Pablo Gómez
Historial en liga TempadaCategoríaPosto1979/802ª Rexional7º1980/812ª Rexional4º1981/822ª Rexional9º1982/832ª Rexional1º1983/842ª Rexional6º1984/852ª Rexional10º1985/862ª Rexional3º1986/872ª Rexional 10px1987/881ª Rexional19º1988/891ª Rexional10º1989/901ª Rexional6º1990/911ª Rexional 10px1991/922ª Rexional13º1992/932ª Rexional11ºTempadaCategoríaPosto1993/942ª Rexional10º1994/952ª Rexional13º1995/962ª Rexional 10px1996/971ª Rexional 10px1997/982ª Rexional9º1998/092ª Rexional4º1999/002ª Rexional 10px2000/011ª Rexional 10px2001/022ª Rexional6º2002/032ª Rexional8º2003/042ª Rexional5º2004/052ª Rexional7º2005/062ª Rexional4º2006/072ª Autonómica5ºTempadaCategoríaPosto2007/082ª Autonómica13º2008/092ª Autonómica8º2009/102ª Autonómica6º2010/112ª Autonómica 10px2011/123ª Autonómica6º2012/133ª Autonómica 10px2013/14 2ª Autonómica12º2014/15 2ª Autonómica 10px2015/163ª Autonómica 10px2016/172ª Autonómica7º2017/182ª Galicia 10px2018/191ª Galicia9º2019/201ª Galicia3º2020/21non competiuTempadaCategoríaPosto2021/221ª Galicia / 2022/231ª Galicia5º2023/241ª Galicia 10px2024/25Preferente—
Palmarés
Primeira Galicia (1): 2023/24. Segunda Galicia (2): 1982/83, 1986/87. Terceira Galicia (1): 2012/13. Copa Deputación de Lugo (1): 1985/86.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da SD Pol Consultar a clasificación da S.D.Pol
Pol Categoría:Deporte en Pol