Os Brooklyn Nets son un equipo profesional de baloncesto con sede en Nova York. Os Nets compiten na National Basketball Association (NBA) como membros da División Atlántico da Conferencia Leste, sendo unha das dúas franquías da cidade xunto cos New York Knicks. O equipo xoga no Barclays Center, pavillón con capacidade para 17.732 espectadores situado no barrio de Brooklyn. O equipo foi fundado en 1967 e foi unha das primeira franquías da American Basketball Association (ABA). Durante a súa primeira temporada xogaron baixo o nome de New Jersey Americans e comezou xogando na American Basketball Association (ABA). Porén, ao ano seguinte o equipo se traslada a Long Island e adopta o nome de New York Nets. Durante esta época o equipo logra dous campionatos (1974 e 1976).
En 1976, tras a fusión da ABA coa NBA, os Nets ingresaron nesta competición xunto con outros tres equipos da ABA (os Denver Nuggets, os Indiana Pacers e os San Antonio Spurs). Un ano despois da súa chegada á NBA, o equipo regresa a a Nova Jersey e adopta o nome de New Jersey Nets, o cal mantén entre 1977 e 2012. Durante este tempo os Nets gañaron dous campionatos de conferencia consecutivos ( e ), aínda que sen éxito na final. Durante o verán de 2012 o equipo regresa outra vez a Nova York, adoptando o seu actual nome. O club retirou o dorsal a sete xogadores en honra á súa contribución á historia da franquía: Dražen Petrović, Jason Kidd, John Williamson, Bill Melchionni, Julius Erving e Buck Williams.
Historia Os anos na ABA miniatura|left|O Nassau Veterans Memorial Coliseum, sede entre 1972–77. A franquía foi fundada no ano 1967 coma parte da ABA, sendo Arthur Brown, un destacado empresario do sector do transporte, o seu primeiro propietario. A primeira intención de Brown era nomear o equipo como "New York Freighters", fixando a sede do club na armería do 69º rexemento do lado leste de Manhattan. Porén, a presión exercida polos New York Knicks forzou o equipo a mudarse á armería de Teaneck, Nova Jersey, mudando o seu nome polo de New Jersey Americans. Non sería a derradeira vez que os Knicks afectarían directamente ao futuro da franquía.
Os Americans fixeron unha boa primeira tempada, empatando cos Kentucky Colonels polo cuarto e último posto que daba acceso aos playoffs da División Leste. Porén, a armería estaba ocupada, obrigando os Americans a buscaren a última hora un pavillón substituto. O lugar escollido sería o Long Island Arena, situado na vila de Commack, en Nova York. Cando os Americans e os Colonels chegaron para o partido, encontraron que á pista lle faltaban numerosas placas e parafusos, o que a facía inestábel, de facto unha das canastras semellaba máis alta que a outra. Os Coronels negáronse a xogar nesas condicións, e o comisionado da liga, George Mikan, deu a vitoria na eliminatoria aos de Kentucky por non ofrecer os Americans unhas instalacións axeitadas.
Para a segunda tempada, o equipo optou por permanecer en Long Island, mudando o seu nome polo de New York Nets. O nome foi escollido para que estivese en concordancia cos outros dous equipos deportivos profesionais de Nova York que nese intre xogaban en Long Island: os New York Mets da MLB e os New York Jets da NFL. miniatura|right|Julius Erving, estrela dos Nets entre 1973 e 1976. O equipo rematou último na súa primeira tempada en Nova York cun pobre resitro de 17 vitorias por 62 derrotas, utilizando durante o ano un total de 23 xogadores. Brown decidiu entón vender o equipo ao final da temporada, sendo o novo dono Roy Boe, un empresario. Boe comezou a súa etapa no club con grandes esperanzas, e o seu primeiro obxectivo foi tentar asinar a unha estrela para o seu equipo. Desesperado, tentou contratar o xogador da UCLA Lew Alcindor (máis tarde coñecido como Kareem Abdul-Jabbar). Alcindor non vía con malos ollos xogar na súa Nova Tork natal, mais finalmente decidiu asinar polos Milwaukee Bucks da NBA. Mesmo así, o club continou cos seus plans de trasladrse a un novo pavillón en Long Island, sendo o elixido o Island Garden de West Hempstead. Durante a temporada os Nets en cuarto lugar e chegaron aos playoffs por primeira vez na súa historia. Ao final da temporada o equipo consegue finalmente asinar a unha estrela: Rick Barry proveniente dos Washington Capitols. Despois doutra temporada de playoff o equipo trasládase de novo de pavillón, esta vez ao Nassau Veterans Memorial Coliseum de Uniondale.
En 1972, dous anos despois da contratación de Barry, os Nets chegaron ás súas primeiras finais da ABA. Porén, non puider superar aos Indiana Pacers e perderon a serie por 4-2. Porén, finalizada a campaña Barry deixa o club para xogar na NBA, isto provoca que a temporada 1972-73 o equipo finalizase cun decepcionante rexistro de tan só 30 vitorias. O seguinte ano o club melloraría o seu rendemento, aínda que a clave desa temporada chegou tras a fin do campionato: no verán de 1973 os Nets contratan a Julius Erving dos Virginia Squires. Con Erving, máis coñecido como "Dr. J," os Nets atinxiron un equipo competitivo, rematando a tempada cun récord de 55 vitorias. Erving foi elixido o MVP da ABA, e o equipo tivo unha excelente actuación nos playoffs para gañar o seu primeiro título, tras derrotar os Utah Stars.
O éxito continuou a temporada seguinte, logrando os Nets un récord de 58 vitorias que aínda se mantén na franquía. Así e todo, a sorte non os acompañou nos playoffs e foron eliminados por 4-1 polos Spirits of St. Louis na primeira rolda. Os Nets continuaron gañando na temporada 1975-76, a última na historia da ABA, con Erving liderándoos a un récord de 55 vitorias na tempada regular. Nos playoofs, tras derrotar aos Denver Nuggets en seis partidos, fixéronse co último campionato da hsitoria da ABA.
Ingreso na NBA miniatura|right|O Continental Airlines Arena foi o lar dos Nets entre 1981 e 2010. O verán de 1976 viu como a ABA e a NBA se fusionaban. Como parte do acordo, catro franquías da ABA: os Nets, os Denver Nuggets, os Indiana Pacers e os San Antonio Spurs, ingresaron na NBA. De facto, os Nets e os Nuggets xa solicitaran á NBA en 1975, un ano antes, pero tiveron que xogar un ano máis na ABA por orde xudicial. Antes da súa primeira temporadada na NBA, trocaron aos Kansas City Kings dúas eleccións no draft polo base Nate Archibald. Os Nets semellaban estar preparados para continuar como remataron na ABA.
Con todo, leváronse unha desagradábel sorpresa cando a NBA os obrigou a pagar 4,8 millóns de dólares ao Knicks por "invadir" o seu territorio. Isto sumado aos 3,2 millóns que o equipo tivera que pagar para unirse á NBA, deixou Boe a falto de diñeiro. Isto provocou ter que denegar un prometido aumento de salario a Erving, que baixo esas condicións rexeitou seguir nos Nets. Entón, os Nets ofreceron a Erving aos Knicks a cambio de non ter que pagar a indemnización, trato que non foi aceptado. Finalmente, Boe non tivo máis remedio que vender o xogador aos Philadelphia 76ers a cambio de 3 millóns de dólares, unha suma inferior á indemnización. Sen o seu xogador franquía, o equipo deu a tempada como perdida. Alén diso, a situación empeourou aínda máis coa lesión de Archibald en xaneiro. O equipo rematou co peor récord da liga, 22-60.
Debido á baixa asistencia de público ao pavillón e á mala situación financeira en Long Island, Boe decidiu trasladar a franquía de volta a Nova Jersey antes do inicio da tempada . Os Knicks, unha vez máis, convertéronse nun obstáculo e ameazaron con bloquear o movemento porque sería infrinxir os seus dereitos territoriais exclusivos sobre Nova Jersey. Os Nets responderon demandando aos Knicks sobre a base de que as súas accións violaban as leis antimonopolio. O preito resolveuse grazas á da intervención da liga e do estado de Nova Jersey, os Nets acordaron pagar outros 4 millóns de dólares polo seu dereito a trasladarse.
Unha vez oficializado o traslado, o equipo muda o seu nome a New Jersey Nets. Mentres a franquía agardaba pola construción dun novo pavillón no Complexo deportivo de Meadowlands, en East Rutherford, xogaron durante catro temporadas Athletic Center da Universidade Rutgers en Piscataway. A temporada viu ao equipo, liderado polo contendente xogo de Bernard King, clasificarse por primeira vez aos playoffs das NBA. Na eliminatorias caeron ante os 76ers de Julius Erving por 2-0, aínda que se comezaron estabelecer as bases para un período de reconstrución para a próxima década.
Mudanza a Nova Jersey miniatura|left|Darryl Dawkins (1986–1988). Tras catro anos de espera, en 1981 o equipo se trasladarse a Meadowlands para xogar no Brendan Byrne Arena (coñecido a partir de 1996 como Continental Airlines Arena e a partir de 2007 como Izod Center), e experimentando un modesto éxito durante catro boas campañas. Na temporada , baixo o mando de Larry Brown, os Nets estaban a vivir a súa mellor tempada desde que chegaran á NBA. Porén, durante o último mes de competición Brown aceptou o cargo de adestrador da Universidade de Kansas polo que foi suspendido polo resto da temporada. Isto afectaría o equipo, que nos playoffs é incapaz de pasar a primeira rolda ante os seus grandes rivais, os Knicks.
Na temporada armaron o que pensaron era o mellor equipo desde que se uniran á NBA. Liderados por Darryl Dawkins, Buck Williams, Otis Birdsong e Michael Ray Richardson, o equipo gañou a súa primeira serie nun playoff da NBA, derrotando ademais ao equipo que defendía o título, os Philadelphia 76ers. Con todo, o equipo cae posteriormente nas seminais da Conferencia Leste ante os Milwaukee Bucks en seis partidos. Aínda que na seguinte temporada o equipo ateigouse de lesionados, o equipo conseguiu 42 vitorias e volveu xogar os playoffs. Porén, foron eliminados en tres partidos polos Detroit Pistons.
Tras a contratación de Dave Wohl como adestrador, os Nets arrincaron a temporada cun destacábel rexistro de 23 vitorias por 14 derrotas. Con todo, este prometedor inicio disipouse coa perda dos seus dous máximos anotadores. O all-star Micheal Ray Richardson deu positivo por terceira vez nun control de drogas, co cal foi expulsado da liga de por vida, e pivote estrela Darryl Dawkins só xogou 39 partidos debido a unha lesión nas costas. Con todo, coa axuda dos veteranos Buck Williams e Mike Gminski, os Nets conseguen chegar de novo ás eliminatorias cunha marca de 39-43, antes de ser varridos polos Milwaukee Bucks na primeira rolda. Esta sería a primeira de moitas tempadas perdedoras para as Nets, que non volvería pisar os playoffs até a temporada .
Ao ano seguinte o club asinou a Orlando Woolridge e esolleu no draft a Dwayne "The Pearl" Washington coa esperanza de fortalecer un equipo titubeante. Así e todo, a nova tempada só trouxo máis mala sorte. Dawkins escorregou na súa bañeira e sufriu outra lesión nas costas que puxo fin á súa carreira. Birdsong só xogou debido a unha fractura na tibia e Washington tivo unha mala actuación no seu ano de novato. Os Nets terminaron a temporada cunha marca de 24-58, o peor resultado do club desde 1980.
Coa esperanza de acabar coa praga de lesión, os Nets traspasaron a Dawkins nun acordo a tres bandas que trouxo a John Bagley e a Keith Lee a Nova Jersey. No draft, seleccionaron Dennis Hopson (deixando pasar a Scottie Pippen, a Reggie Miller e a Kevin Johnson) no terceiro posto coa esperanza de recuperar o nivel defensivo amosado en anos anteriores. Non obstante, a pantasma das lesións non marchou, caendo esta vez lesionados Bagley, Lee e Tony Brown. Ademais, o que estaba a ser o baluarte ofensivo do equipo, Orlando Woolridge, foi suspendido pola liga por consumo de drogas. Tras varias mudanzas de adestrador, o equipo termina coa segunda peor marca da liga (19-63). A situación non mellora nas dúas seguintes temporadas e na temporada toca fondo cun récord de 17–65, nese intre o peor da historia da franquía.
Comezo prometedor e caída miniatura|Dražen Petrović xogou tres anos nos Nets (1991–1993) antes de falecer nun accidente de tráfico.