Constante Gil Rodríguez, nado en Taragoña en 1926 e finado en Valencia o 7 de xuño do 2009Adiós al autor del agua de Valencia artigo en lasprovincias.es o 7 de xuño 2009 páxina consultada o 18/10/2009 , foi un pintor galego. Trasladouse á cidade de Valencia no 1948 onde realiza toda a súa produción artística e vital.

Traxectoria A súa obra máis coñecida é a serie de «Faladorios de Café» na que retrata á sociedade valenciana dos anos da transición, dentro do desaparecido café valenciano La Cerveceria Madrid, local que dirixe dende o 1956 ó 2000 e no que crea a popular bebida denominada Auga de ValenciaMariangeles Arazo: Valencia Noche. Plaza y Janés, 1978..

A serie «Faladoiros de Café» define todo un xénero da pintura de interior, onde os protagonistas son faladeiros e asiduos a un bar no que se desenvolve gran parte das actividades converxentes dun heteroxéneo grupo humano moi influente nos acontecementos do cambio da sociedade que se esta a producir neses anos. Non se escribe sobre o café, pero escríbese moito dende o café, píntase, fálase, planéase, vívese, e Constante capta esa vida e interprétaa nos seus faladoiros pintadosGaleria Mar29, Galeria Puchol, Francisco Puchol, Valencia.

En xeral, a pintura de Constante pódese describir como apuntamentos autobiográficos extraídos da memoria dun neno galego de dez anos que é testemuñada morte de seu pai, de profesión pirotécnico, na explosión dos talleresJ. Garneria: Plástica Valenciana Contemporánea Promocions Culturals del Pais Valenciá, Valencia 1986..

Notas

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes