Berga é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. É a capital da comarca do Berguedà. A zona vella foi construída na década de 1360.
Situación 200px|miniatura|esquerda|Berga desde Queralt A cidade de Berga atópase entre un val na Depresión Central Catalá e o Pre-pireneo, protexida dos ventos do norte pola montaña de Queralt e próxima ao río Llobregat que pasa polo extremo meridional do seu termo. Cabe destacar a súa situación xeográfica privilexiada no centro de Cataluña, que a converteu nun importante cruzamento de comunicacións.
A súa vexetación máis abundante é de piñeiro, aciñeira e carballo. miniatura|200px|esquerda|Concello de Berga
Historia
Parece que pode ser a antiga Castrum Bergium, citada por Tito Livio. A invasión árabe no Berguedà foi cara ao ano 715 , logo de librarse do seu dominio, no século X formou parte do condado da Cerdaña. Foi conde de Berga Wifredo II de Cerdaña ata o seu retiro ao mosteiro do Canigó en 1035. Cando morreu o conde Bernardo Guillermo sen descendencia, pasou definitivamente o Condado de Berga a pertencer ao Condado de Barcelona no ano 1117, sendo conde Ramón Berenguer III.
No 1347 padeceu a peste negra.
Entre 1654 e 1655 foi capturada polos franceses.
Na Guerra de Sucesión Española deu apoio a Filipe V de España.
En 1854 sufriu un ataque de cólera.
Economía A súa economía máis importante é a actividade industrial, principalmente de fiados e tecidos, a siderometalúrgica e a da madeira. A primeira máquina de fiar utilizada pola industria catalá, foi inventada en Berga pola familia Farguell no século XVIII e coñecida co nome de "A Berguedana".
Antigamente tivera unha moi importante industria relacionada coa minería.
A gandería bovina, porcina e avícola está moi recoñecida en toda a comarca, celebrándose importantes feiras durante o ano.
Patrimonio histórico
300px|miniatura|Sant Quirze de Pedret
Igrexa Parroquial de Sta. Eulalia. Século XVII Igrexa de Sant Joan de Berga. Século XIII. Desde 1983 é Monumento Histórico Artístico. Praza de San Pedro. Orixe medieval Portal de Santa Magdalena. Única porta medieval que se conserva das sete que tiña Capela da Piedade. Século XVII Muíño do Sal. Século XVIII Santuario de Queralt. Século XVIII (Imaxe da Virxe do século XI) Sant Quirze de Pedret. Século IX. Malia atoparse no termo de Cercs, en 1959 foi cedida, tras un acordo, polo bispado de Solsona ao concello de Berga, para a súa restauración e conservación. Soamente se realiza culto relixioso nela o día da súa festa anual, e depende da parroquia de Berga.
Demografía Conta cunha poboación de .
Museos
Museo Comarcal. Fondos etnológicos, históricos e ciencias naturais. Museo Municipal. Cerámica, obxectos da Idade Media e restos prehistóricos da historia de Berga. Museo do Circo. Colección de Josep Vinyes. Biblioteca Ramón Vinyes i Cluet. Edificio de 1523 metros cadrados e con máis de 36.000 volumes.
Festivais e Concursos
Encontro Internacional de Música Antiga Concurso de Piano Cidade de Berga Premio Ramón Vinyes de Teatro Concurso de Pintura Cidade de Berga
Gastronomía
Desde sempre foi famosa na comarca a gastronomía de Berga, polas súas materias primas, carne, embutidos, queixos e a gran variedade de cogomelos que se atopan nos seus bosques. Sopa con albóndegas Sopa de millo Tenreira con cogomelos Carne á brasa con cogomelos variados.
Feiras e Festas As festas máis importantes son a Patum e Els Elois.
Fira Santa Tecla (setembro) Festa dels Bolets (outubro) Carnestoltes (febreiro) Mitja Marató (C.Atl. Berga) Sant Marc xocolatada no santuario de Queralt (abril) Fira 1 de Maio La Patum (datas do Corpus Christi) (Declarada pola Unesco patrimonio oral e inmaterial da Humanidade) Els Elois (Xullo)
Entidades de poboación Cal Rosal Sant Bartomeu
Galería de imaxes
800px|miniatura|esquerda|Vista panorámica da serra de Queralt (no medio) e a cidade de Berga (á dereita). Á esquerda, o polígono industrial da Valldan.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya