''Para a concello italiano véxase Aprilia, Lazio.
miniatura|200px|dereita|Unha Aprilia RS 125 do ano 1998 Aprilia é un fabricante de motocicletas pertencente ao grupo industrial italiano Piaggio. Fundouse no ano 1945 e ten a súa sede en Noale, rexión do Véneto, Italia. Ao comezo, dedicábase á venda de scooters, aínda que máis tarde pasou a desenvolver tamén motocicletas deportivas.
A empresa participa nos Campionatos do Mundo de Motociclismo de 125 cc e 250 cc, no Campionato do mundo de Superbikes e noutras competicións de motocross e supermoto. Aprilia ten logrado numerosos triunfos nas divisións menores do mundial de motociclismo, caracterizándose por experimentar novas configuracións de cilindros ao igual cá marca Ducati.
Pilotos campións mundiais de 125cc
Ano Campión País1992 Alessandro Gramigni 1994 Kazuto Sakata 1997 Valentino Rossi 1998 Kazuto Sakata 2000 Roberto Locatelli 2002 Arnaud Vincent 2006 Álvaro Bautista 2007 Gábor Talmácsi 2009 Julián Simón
Pilotos campións mundiais de 250cc
Ano Campión País1994 Max Biaggi 1995 Max Biaggi 1996 Max Biaggi 1997 Max Biaggi 1998 Loris Capirossi 1999 Valentino Rossi 2002 Marco Melandri 2003 Manuel Poggiali 2006 Jorge Lorenzo 2007 Jorge Lorenzo
Ligazóns externas
Sitio oficial de Aprilia
Categoría:Fabricantes de motocicletas Categoría:Empresas de Italia