Guantánamo é a provincia máis oriental de Cuba. A súa capital é a cidade de Guantánamo. A provincia limita coa base naval estadounidense da Baía de Guantánamo.

Ten unha área de 6.176 km² e posúe unha poboación de 508.576 habitantes (1996), dos cales 208.000 corresponden á capital. Ocupa o décimo lugar entre as provincias do país pola súa extensión e o undécimo pola súa poboación.

Guantánamo