O termo Primeiras Nacións (en ; en ) utilízase no Canadá para referirse ao conxunto dos pobos indíxenas localizados no territorio. Non todos os pobos se enmarcan nesta agrupación, na que non se inclúen os inuit e os métis, e existen actualmente máis de 600 gobernos e bandas recoñecidas por todo o Canadá. O corpo de representación estatal das Primeiras Nacións no Canadá é a Asemblea das Primeiras Nacións, existente dende 1982.

Os pobos que compoñen as Primeiras Nacións son denominados normalmente por pobos aborixes e autóctonos (termo máis empregado polos franco-canadenses), ou por pobos nativos canadenses, da expresión inglesa usual de Estados Unidos de Native Americans (Nativos Americanos). Oficialmente son coñecidos polo goberno do Canadá como "indios rexistrados".

Notas

Véxase tamén Outros artigos Universidade das Primeiras Nacións do Canadá