Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Premio Memorial Astrid Lindgren, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O único que queda é o amor foi incluído na Lista de Honra da IBBY no 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en 2002. Esta última novela, Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004.

Traxectoria Mocidade miniatura|250px|Mural de Agustín Fernández Paz en Vilalba. Naceu no barrio vilalbés das Fontiñas, lugar onde transcorreu a súa nenez e onde o seu pai traballaba como músico e carpinteiro. Con 14 anos, marchou a estudar á Universidade Laboral de Xixón, onde estivo interno durante sete anos, e onde se fixo Perito Industrial. Ós 22 anos foise a Barcelona, coa intención de traballar e estudar Pedagoxía. Traballou durante un tempo nunha empresa, adiando o seu obxectivo de estudar.

Mestre Tres anos despois volveu a Galicia. Instalouse na Coruña e matriculouse en Maxisterio. En 1974 comezou a traballar como mestre, iniciando así a etapa máis intensa da súa vida. Naqueles anos xuntouse con outros docentes nos chamados «movementos de renovación pedagóxica», que tiñan como obxectivo cambiar o mundo dende as aulas. Estudou Ciencias da Educación e foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Nesa mesma época, casou con Inmaculada Reino e naceu a súa filla, Mariña.

Como mestre e pedagogo, foi autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre 1988 e 1990 traballou para a Consellería de Educación como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro O noso galego, dos primeiros anos oitenta.

Tamén foi membro do grupo de traballo sobre lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Escritor Despois da aprobación da Constitución no ano 1978, comezou a introducirse oficialmente a lingua galega no ensino. Fernández Paz decatouse que a literatura infantil e xuvenil en galego era escasa, polo que decidiu escribir as súas propias historias. Con 40 anos, publica a súa primeira novela. Os dous libros seguintes obtiveron senllos premios de importancia, e por iso, animouse a continuar.

Pertenceu á coñecida como “Xeración Lamote” xunto con Xavier Senín, Paco Martín, Xosé Lastra, Fina Casalderrey e Xabier P. DoCampo.

Últimos anos Prexubilouse por enfermidade en 2007 no IES Os Rosais 2, de Vigo. No ano 2010 rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras como acto de protesta pola política lingüística da Xunta e o seu presidente. No ano 2013, foille concedido o Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

O 12 de xullo de 2016 morreu por volta das sete da mañá no seu domicilio en Vigo, logo de padecer dunha longa enfermidade. O 13 de xullo, celebrouse un multitudinario acto cívico no cemiterio de Pereiró de Vigo, co féretro arroupado coa bandeira galega, e no que estiveron presentes familiares, amigos e personalidades da cultura, da educación e da política. O corpo foi incinerado e os seus restos foron trasladados a Vilalba, a súa vila natal, onde tamén se atopa soterrada a súa familia.

Obra miniatura|200px|dereita|Agustín Fernández Paz pronunciando o discurso "Oito doas para San Simón" na Illa de San Simón con motivo da celebración do ditame dos XXVIº Premios Xerais o 6 de xuño de 2009. Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores e pola cantidade das súas obras que foron traducidas a outras linguas. Trátase do autor en galego máis traducido con 115 traducións a 16 linguas diferentes, en especial ao castelán, con arredor de 50, máis de 30 ao catalán, unhas 20 ao éuscaro, e tamén ao asturiano, portugués, francés, árabe, coreano, italiano, inglés, búlgaro, bretón e esloveno, entre outras.

Tamén destaca pola cantidade de premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.

A súa novela Cartas de inverno acadou en 2016 a cifra de máis de 100 000 exemplares vendidos, fito que só acadou na ficción galega outra novela, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.

Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.

Literatura infantil-xuvenil O libro de Merlín (1987). Vigo: Xerais. 134 páxs. ISBN 84-7507-265-8. Ilustracións de Xan Carlos López Domínguez. A cidade dos desexos (1989). Vigo: Xerais (novela xuvenil). Traducida ao castelán. En Xerais, 2023, ISBN 978-84-1110-260-5. Ilustracións de Ignacio Hernández. As flores radioactivas (1990). Vigo: Xerais (novela xuvenil), 16ª edición. Traducida ao catalán, ao éuscaro, ao castelán e ao asturiano. Ed. de 2013, ISBN 978-84-9914-373-6. Ilustracións de Miguelanxo Prado. 136 páxs. Contos por palabras (1991). Vigo: Xerais (narrativa xuvenil), 16ª edición. Traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro, ao asturiano e ao francés. Ed. de 2010, 152 páxs. ISBN 978-84-9914-155-8. Ilustracións de Enjamio. O tesouro do dragón Smaug (1992). Vigo: Galaxia (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao aranés.. 29 páxs. ISBN 978-84-7154-853-5. Ilustracións de Fran Jaraba. Rapazas (1993). Vigo: Xerais (narrativa xuvenil), 6ª edición. Traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao portugués. Ed. de 2003, 176 páxs. ISBN 978-84-8302-962-6. As tundas do corredor (1993) Madrid: Edelvives (narrativa infantil). Traducida ao castelán. 47 páxs. ISBN 978-84-263-2542-6. Ilustracións de Fran Jaraba. Unha lúa na fiestra (1994). Vigo: Galaxia (narrativa xuvenil). 108 páxs. ISBN 978-84-7154-905-1. Trece anos de Branca (1994). Vigo: Xerais (novela xuvenil). Traducida ao castelán, ao catalán a ao éuscaro. 128 páxs. ISBN 978-84-96352-52-0. Cartas de inverno (1995). Vigo: Xerais (novela xuvenil), 35ª edición. Traducida ao catalán, ao éuscaro, ao castelán, ao portugués, ao bretón e ao inglés. Ed. de 2018, 176 páxs. ISBN 978-84-9121-340-6. Amor dos quince anos, Marilyn (1995). Vigo: Xerais (novela xuvenil), 9ª edición. Traducida ao castelán e ao catalán. Ed. de 2001, 160 páxs. ISBN 978-84-8302-608-3. Avenida do Parque, 17 (1996). Madrid: Edicións S. M. (novela xuvenil). Traducida ao catalán, ao castelán e ao árabe. 156 páxs. ISBN 9788434888142. Lonxe do mar (1996). Madrid: Edelvives (narrativa xuvenil). 61 páxs. ISBN 9788426320292. Ilustracións de Fran Jaraba. O centro do labirinto (1997). Vigo: Xerais (novela xuvenil), 12ª edición. Traducida ao catalán, ao castelán e ao portugués. Ed. de 2014, 240 páxs. ISBN 978-84-9914-804-5. A néboa escura (1998). Santiago: Xunta de Galicia (narrativa infantil). 22 páxs. O laboratorio do doutor Nogueira (1998). Vigo: Xerais (novela xuvenil), 5ª edición. Traducida ao castelán, ao éuscaro, ao catalán e ao portugués. Ed. 2007, 112 páxs. ISBN 978-84-9782-503-0. As fadas verdes (1999). Madrid: Edicións S. M. (novela xuvenil). Traducida ao castelán e ao catalán. 104 páxs. ISBN 9788413183565. Ilustracións de Beatriz Castro Arbaizar. Cos pés no aire (1999). Vigo: Xerais (narrativa xuvenil) 4ª edición. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. 80 páxs. ISBN 978-84-8302-861-2. A nube de cores (1999). Santiago: Sotelo Blanco (narrativa xuvenil). 40 páxs. ISBN 9788478243433. Ilustracións de Xoán Martínez. Aire negro (2000). Vigo: Xerais (novela xuvenil) 13ª edición. Traducida ao catalán, ao castelán, ao éuscaro, ao inglés e ao búlgaro. Ed. de 2012, 216 páxs. ISBN 978-84-9914-431-3. O soño do merlo branco (2000). Arteixo: Everest Galicia (novela xuvenil). Traducida ao castelán. Ed. de 2016, 144 páxs. ISBN 978-84-9121-122-8. Ilustracións de Lucía Cobo. No corazón do bosque (2001). Vigo: Xerais (novela xuvenil), 9ª edición. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. 144 páxs. ISBN 978-84-8302-749-3. Ilustracións de Miguelanxo Prado. Un tren cargado de misterios (2001). Vigo: Xerais (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán e ao chinés. 56 páxs. ISBN 978-84-8302-691-5. Iustracións de Enjamio. Ana e o tren máxico (2001). Vigo: Xerais (novela xuvenil). 16 páxs. ISBN 978-84-8302-747-9. Noite de voraces sombras (2002). Vigo: Xerais (narrativa xuvenil), 10ª edición. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. 176 páxs. ISBN 978-84-8302-910-7. O meu nome é Skywalker (2003). Madrid: Edicións S. M. Traducida ao castelán, ao catalán, ao esloveno e ao coreano. 88 páxs. ISBN 9788498546798. Ilustracións de Puño. A serea da Illa Negra (2003). Vigo: Edicións Tambre. 112 páxs. ISBN 9788426350244. A praia da esperanza (2003). Vigo: Xerais. Ed. de 2024, 104 páxs. ISBN 978-84-1110-360-2. Ilustracións de Teresa Novoa. Tres pasos polo misterio (2004).Vigo: Xerais, 5ª edición. Traducida ao catalán e ao castelán. 216 páxs. ISBN 978-84-9782-105-6. Raquel ten medo (2004). Vigo: Xerais (narrativa infantil). Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. 24 páxs. ISBN 978-84-9782-156-8. Ilustracións de Marina Seoane. Laura e os ratos (2004). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. Hai tamén unha edición bilingüe inglés-castelán. 23 páxs. ISBN 9788497821438. Ilustracións de Rocío del Moral. A escola dos piratas (2005). A Coruña: Rodeira-Edebé. Traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro, ao coreano e ao chinés. 160 Páxs. ISBN 978-84-96352-10-0. Ilustracións de Lluis Fillela. A noite dos animais (2005). Vigo: Galaxia. Traducida ao castelán e ao catalán. 60 páxs. ISBN 978-84-8288-805-7. A fuxida do mar (2005). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. 24 páxs. ISBN 9788497822886. Ilustracións de Enric Solbes. Fantasmas no corredor (2005). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán e ao catalán. 64 páxs. ISBN 978-84-9782-360-9. Ilustracións de Óscar Villán. ¡Que medo, mamá Raquel! (2005). Vigo: Xerais. 48 páxs. ISBN 978-84-9782-380-7. Ilustracións de Fran Jaraba. Corredores de sombra (2006). Vigo: Xerais(narrativa xuvenil), 10ª edición. Traducida ao castelán, ao catalán e ao inglés. 232 páxs. ISBN 978-84-9782-425-5. Os gardiáns do bosque (2006). A Coruña: Baía Edicións. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. 32 páxs. ISBN 9788496526563. Ilustracións de Cristina Durán, Giner Bou. Querido inimigo (2006). A Coruña: Rodeira-Edebé. Traducida ao castelán. 56 páxs. ISBN 978-84-8349-021-1. O raio veloz (2006). Traducida ao castelán. Alcalá de Henares: Óxford. 104 páxs. ISBN 9788467356298. Ilustracións de Federico Delicado.