miniatura|280px|A primeira tarxeta de Nadal imprimiuse en 1843 por iniciativa de Henry Cole, axudante de Rowland Hill, o deseño é do pintor John Callcott Horsley. Unha tarxeta de Nadal é unha tarxeta de felicitación que se envía a familiares, amigos ou clientes para desexarlles un bo Nadal, tradicionalmente envíabase polo correo, dentro dun sobre ou franqueada como postal, xa unhas semanas antes do día de Nadal, coa chegada de Internet tamén se utiliza este medio para mandalas. Normalmente utilízase unha frase feita, en galego Bo Nadal e Feliz Aninovo.
Historia O establecemento dun sistema de correos económico, simbolizado na aparición do selo postal en 1840 e no envío de cartas en sobres, e o desenvolvemento por George Baxter dun sistema de impresión a cor que permitía a elaboración de ilustracións baratasGyörgy Buday The History of the Christmas Card. Rockliff, 1954, pp 37-38 están na orixe da aparición e desenvolvemento da tarxeta de Nadal no Reino Unido. A primeira tarxeta comercial de Nadal débese a Henry Cole, colaborador de Rowland Hill, e a ilustración é do pintor John Callcott Horsley, o debuxo amosa unha familia, incluíndo un cativo, bebendo viño e unha cadeira baldeira, nas beiras aparecen agasallos, de roupa e comida, entregados aos pobres, desa primeira tarxeta vendéronse uns 1 000 exemplares Michelle Higgs Christmas Cards: From the 1840s to the 1940s. Osprey Publishing, 1999, páxina 6 ao prezo dun xilin cada unha, relativamente cara para a época. Houbo que esperar ata 1848 para que se imprimise a segunda tarxeta de Nadal debida a Maw EgleySusan Evarts The Art and Craft of Greeting Cards. North Light, 1982, páxina 10. A partir da década de 1860J. John A Christmas Compendium. Continuum International Publishing Group, 2005, páxina 21 o envío de tarxetas de Nadal fíxose moi popular no Reino Unido primeiro entre a clase media e alta e a partir de 1878-1890Ronald Hutton The Stations of the Sun: A History of the Ritual Year in Britain. Oxford University Press, 1996, páxina 115 entre as clases populares, calcúlase que só en Inglaterra imprimíranse máis de 200.000 deseños diferentes só ata 1894Gleeson White Christmas Cards and Their Chief Designers. Studio, 1894, páxina 3, os principais editores de tarxetas de Nadal foron De La Rue, Raphael Tuck & Sons, Marcus Ward e GoodallGyörgy Buday, ob. cit., páxina 67-69, desde mediados da década de 1850 comezou a facerse tamén popular en moitos países de EuropaAce Collins Stories Behind the Great Traditions of Christmas. Zondervan, 2003, páxina 56. miniatura|200px|Tarxeta de Nadal de Louis Prang Nos Estados Unidos foi Louis Prang quen introduciu o costume, despois de asistir a unha Exposición en Viena en 1873, imprimiu tarxetas de Nadal para o mercado británico e ao ano seguinte comercializounas nos Estados UnidosAce Collins, Ob. cit., páxina 58, con todo debido á alta calidade das tarxetas que implicaba uns prezos altos o costume de intercambialas quedou reducido ás clases máis altas, despois de 1890 cando se deixaron de emitir as tarxetas de Prang, o costume esmoreceu, en beneficio do intercambio de regalos de valor ínfimo, comercializándose tan só tarxetas importadas de moi baixa calidade que non resultaban atractivas. A produción nacional de tarxetas de Nadal recuperouse en 1906, facéndose popular a partir de 1911William B. Waits The Modern Christmas in America: A Cultural History of Gift Giving. NYU Press, 1994, pp. 70-72.
En países como Francia aínda que existe o costume de enviar tarxetas de Nadal, está máis arraigado o envío de tarxetas de ano novo que se envían durante o mes de xaneiro para desexar un bo anoRoss Steele The French Way: Aspects of Behavior, Attitudes, and Customs of the French. McGraw-Hill Professional, 1995, páxina 14, e aínda hai outros países como o Xapón no que a tradición é enviar tarxetas de aninovo, coñecidas como nengajō, que han de chegar o 1 de xaneiroRoger J. Davies, Osamu Ikeno The Japanese Mind: Understanding Contemporary Japanese Culture. Tuttle Publishing, 2002, páxina 98.
Autores miniatura|250px|Frances Ridley Harvegal foi unha das máis soadas autoras de textos para tarxetas de Nadal
A maioría dos textos que aparecen nas tarxetas postais teñen carácter bíblico ou son de escritores coñecidosMaurice Rickards e Michael Twyman The Encyclopedia of Ephemera: A Guide to the Fragmentary Documents of Everyday Life for the collector, Curator, and Historian. Routledge, 2000, páxina 91, pero tamén apareceron escritores especializados en escribir mensaxes de Nadal, Helen Burnside escribiu entre 1874 e 1900 arredor de 6000 versos para tarxetas de Nadalhttp://www.worldcollectorsnet.com/magazine/issue13/iss13p3.html Victorian Chrismas Cards en World Collector Net Magazine 13, Samuel Cowen só en 1884 escribiu máis de mil versosLaura Seddon A Gallery of Greetings: A Guide to the Seddon Collection of Greeting Cards in Manchester Polytechnic Library. Manchester Polytechnic Library, 1992, p. XIX e Frances Ridley Havergal, falecida en 1879 foi a autora máis coñecida da primeira épocaGyörgy Buday, Ob. cit, páxina 200.
Deseños As primeiras tarxetas inglesas non amosaban escenas relixiosas ou de inverno, pola contra seguindo a tradición das tarxetas de San Valentín, moi populares, tiñan deseños de flores, fadas, animais e nenos, deseños en xeral alegres. A partir de 1860Margaret Baker Discovering Christmas Customs and Folklore: A Guide to Seasonal Rites. Osprey Publishing, 1992, páxina 57 comezaron a aparecer os deseños que hoxe son arquetípicos, as festas do Nadal, anxos, estrela de Nadal, nenos xogando cos paxaros, a árbore de Nadal, paisaxes nevadas.
Tipos Oficiais Nalgúns países emítense tarxetas de Nadal oficiais, normalmente para o uso do Xefe de Estado. No Reino Unido a tradición data da raíña VitoriaMichelle Higgs, Ob. cit., páxina 13 e nos Estados Unidos de 1953 durante a presidencia de Dwight D. Eisenhower, aínda que Franklin D. Roosevelt con anterioridade enviara as súas propias tarxetas de Nadal, que eran persoais e polo tanto sen carácter oficialAlbert J. Menéndez Christmas in the White House. Westminster John Knox Press, 1983, páxina 102. As tarxetas oficiais envíanse a outros xefes de estado, membros do goberno, xefes de organismos públicos e parlamentarios. Benéficas Son moitas as organizacións que producen tarxetas de Nadal como un vehículo para recadaren fondos, a primeira tarxeta de Nadal benéfica emitiuna UNICEFJ. John A Christmas Compendium. Continuum International Publishing Group, 2005, páxina 26 en 1949, e segue a facelo, reproducindo obras de arte recoñecidas internacionalmente. No Reino Unido o programa Cards for Good Causes, que agrupa a 300 institucións filantrópicas, vende tarxetas de Nadal en igrexas, bibliotecas, museos, centros comunitarios e de información turística desde 1959
Comerciais Moitas empresas e comercios envían tarxetas de Nadal aos seus clientes para felicitaren as festas, normalmente a única publicidade que levan é o nome do negocio, a súa orixe está nas tarxetas comerciais do século XVIII.
Notas
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas BBC Devon News Historia da primeira tarxeta de Nadal.
Categoría:Artigos destacados Categoría:Nadal Categoría:Correos