O Almallo R.C. foi un equipo de rugby galego, da cidade de Ferrol, fundado en 1997. Historia O Almallo Ferrol tomou o relevo natural do anterior club de rugby da cidade, o "Marina Ferrol", trala desaparición deste a principios dos anos 90 e trala tentativa infrutuosa do traslado a Narón, a mediados da década.

O Almallo, na súa primeira tempada (1997-98) na competición, acadou o título da Segunda División, e na seguinte tempada (1998-1999) estivo a piques de gañar o título da Primeira División, acadando finalmente o segundo posto. Porén non chegou a disputar a fase de ascenso á liga Nacional ao carecer de categorías inferiores. Neste ano integrouse na Universidade da Coruña - Campus de Ferrol. Tralas tempadas 2000-01 e 2001-02, na que descende a Segunda División, o Campus retira o seu apoio ao club e decide non presentar equipo á Liga Galega, aínda que segue mantendo equipo de Rugby 7 e de Rugby Praia.

Véxase tamén Ligazóns Site da Federación Galega de Rugby

Categoría:Equipos de rugby de Galicia Categoría:Deporte en Ferrol Categoría:Deporte de Galicia sen imaxes