dereita|miniatura|O 'Pink Whirls' é un dos numerosos cultivares de Osteospermum. miniatura|'Lemon Symphony' é outro dos cultivares de Osteospermum. Cultivar é a designación dada a determinada forma dunha planta cultivada e corresponde a un determinado xenotipo e fenotipo que foi seleccionado e recibiu un nome único e debidamente rexistrado con base nas súas características produtivas, decorativas ou outras que o tornen interesante para o cultivo. O cultivar debe presentar durante o cultivo, e manter durante o proceso de propagación, un conxunto único de características que o distingan de maneira consistente de plantas semellantes da mesma especie. O termo foi cuñado polo especialista en horticultura Liberty Hyde Bailey, que o derivou das palabras inglesas "cultivated" e "variety" ("cultivado" e "variedade"), co que significaría estritamente "variedade cultivada" dunha especie vexetal. O termo non ten o mesmo significado cá designación taxonómica variedade ou có termo legal variedade de planta utilizado no comercio de plantas e as súas sementes. O concepto foi oficialmente adoptado no XIII Congreso de Horticultura, realizado en Londres (1952), co obxectivo de distinguir as variedades cultivadas das de ocorrencia natural.
Notas
Categoría:Bioloxía Categoría:Botánica Categoría:Taxonomía Categoría:Termos botánicos Categoría:Xardinaxe Categoría:Reprodución vexetal