Antonio I de Portugal, nado en Lisboa en 1531 e finado en París o 26 de agosto de 1595, foi un nobre portugués.
Traxectoria Máis coñecido polo alcume de O Prior do Crato (e, máis raramente, como O Determinado, O Loitador ou O Independentista, pola énfase posta no recobro da independencia de Portugal), foi fillo do Infante Luís e neto de Manuel I, pretendente ao trono durante a crise sucesoria de 1580 e, segundo algúns historiadores, rei de Portugal (durante un breve espazo de tempo en 1580, no continente, e dende entón ata 1583, confinado nos Azores). Non consta xeralmente na lista de reis de Portugal, malia que reinou de facto, durante un curto período de tempo. Coa invasión dos Azores por tropas españolas, en 1583, dá fin o reinado de Antonio I, que se refuxia en París, onde faleceu. Deixou vasta descendencia.
Categoría:Reis de Portugal Categoría:Dinastía de Avis Categoría:Nados en 1531 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Finados en 1595