Olesa de Montserrat é un concello da provincia de Barcelona, Cataluña, situado na comarca do Baix Llobregat e por onde pasa o río Llobregat.
Xeografía miniatura|250px|esquerda|Vista de Olesa de Montserrat. O termo municipal está rodeado por catro pobos: ao norte, Vacarisses; ao leste, Viladecavalls; o río Llobregat divide Esparreguera no poñente; e ao sur, Abrera. A súa extensión é de 16,75 km² destes, 2,752 km² corresponden ao solo urbano e industrial. Contaba cunha poboación de 22.914 habitantes en 2008.
Dada a súa situación xeográfica e a súa altitude, Olesa atópase dentro do que se denomina clima mediterráneo, caracterizado por invernos moderados e veráns non excesivamente calorosos. No inverno as temperaturas oscilan en 5 °C e 6ªC. O verán é seco cunha temperatura media de 24 °C. A media de precipitacións anuais oscila entre 500 e 600 L/m².
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010 3.554 5.621 6.102 10.09213.78817.15123.646
Cultura Olesa caracterízase pola súa produción artesanal de aceite de oliva e téxtil, e polas representacións teatrais protagonizadas por actores afeccionados, veciños do concello, de La Passió d'Olesa de Montserrat durante a Semana Santa que narra os últimos días da vida de Xesucristo.
Localidades irmandadas Algarinejo, España Weingarten, Alemaña Nonantola, Italia Liverdun, Francia
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona