O Reino de Grecia (en grego: Βασίλειον τῆς Ἑλλάδος, Vasíleion tīs Elládos) foi un estado establecido en 1832 na Conferencia de Londres de 1832 polos grandes poderes, (o Reino Unido, Francia e o Imperio Ruso). Foi internacionalmente recoñecido no Tratado de Constantinopla 1832, onde se declarou a súa total independencia do Imperio Otomán, marcando o nacemento do primeiro estado grego totalmente independente desde a caída do Imperio Bizantino ante os otománs, a mediados do século XV. Sucedeu a Primeira República Helénica da Guerra de Independencia Grega, e durou ata 1924, cando a monarquía foi abolida, e a Segunda República Helénica foi declarada. O reino foi restaurado en 1935 e sobreviviu ata 1974 cando a xunta militar proclamou a Terceira República Helénica.

Lista de reis de Grecia Rei Otto - 6 de febreiro de 1833 - 23 de outubro de 1862 Rei Xurxo I - 30 de marzo de 1863 – 18 de marzo de 1913 Rei Constantino I - 18 de marzo de 1913 - 11 de xuño de 1917 e 19 de decembro de 1920 - 27 de setembro de 1922 Rei Alexandre - 11 de xuño de 1917 - 25 de outubro de 1920 Rei Xurxo II - 27 de setembro de 1922 - 25 de marzo de 1924 e 3 de novembro de 1935 – 1 de abril de 1947 Rei Paulo I - 1 de abril de 1947 - 6 de marzo de 1964 (pai da raíña Sofía) Rei Constantino II - 6 de marzo de 1964 - 1 de xuño de 1973

Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Reinos antigos Categoría:Monarquías desaparecidas Categoría:Historia contemporánea de Grecia