Proteo (en grego Πρωτεύς), tamén coñecido coma Neptuno VIII, é o segundo satélite en tamaño de Neptuno, e o máis grande dos satélites interiores de Neptuno. É a lúa irregular máis grande do Sistema Solar. Sería máis tarde chamada Proteo, nome dun deus do mar que podía cambiar de forma na mitoloxía grega. Descubrimento miniatura|esquerda|150px|Mapa de Proteo.Proteo foi descuberto grazas ás imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2 durante o seu achegamento a Neptuno no ano 1989. Recibiu a designación temporal de S/1989 N 1. Stephen P. Synnott e Bradford A. Smith anunciaron o seu descubrimento (IAUC 4806) o 7 de xullo do 1989, falaban só de 17 fotogramas tomados ó longo de 21 días, o cal coloca a data do descubrimento algúns días antes do 16 de xuño. O nome foille outorgado o 16 de setembro de 1991.
Características físicas Proteo ten máis de 400 quilómetros de diámetro, máis grande que Nereida, outra das lúas de Neptuno. A pesar do seu tamaño, non foi descuberta polos telescopios terrestres por que está tan próxima ó planeta que o seu brillo perdese no resplandor da luz solar reflectida polo propio Neptuno. miniatura|esquerda|Vista simulada de Proteo orbitando Neptuno. Proteo está cheo de cráteres de impacto, pero non amosa signos de modificacións de tipo xeolóxico. Ten unha forma irregular, pero os expertos pensan que Proteo é tan grande como é posible para un corpo celeste coa súa densidade e forma irregular, se fose un pouco máis grande ou denso, caería nunha forma esférica debido á súa propia gravidade. A lúa de Saturno, Mimas ten unha forma máis esférica tendo unha densidade máis baixa e malia evidentemente ser menos masivo que Proteo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Neptuno Ligazóns externas Proteus Profileby NASA's Solar System Exploration IAU Circular describing the discovery of S/1989 N 1 (with mandatory IAU web policy statement) Proteus page en The Nine8 Planets Proteus, A Moon Of Neptune en Views of the Solar System Ted Stryk's Proteus Page Neptune's Known Satellites (por Scott S. Sheppard)
Categoría:Lúas de Neptuno