Concepció Badia i Millàs, máis coñecida como Conchita Badía, nada en Barcelona o 14 de novembro de 1897 e finada na mesma cidade o 2 de maio de 1975, foi unha soprano, profesora de canto, pianista e violinista.

Traxectoria Practicou varios xéneros, ópera, música de cámara, lieder e canción popular entre eles.

Foi discípula de Enrique Granados na súa academia de Barcelona e de Pau Casals. Durante os anos trinta participou en moitos recitais e concertos, en España, Londres, París e Viena.

Co gallo da Guerra civil española exiliouse coas súas fillas a París, logo a Río de Xaneiro e finalmente á Arxentina en 1937, onde se lles uniu o marido ó ano seguinte. Alí coincidiu con Manuel de Falla co que traballou e chegou a establecer unha grande amizade.

De volta a España, en 1946, foi profesora de canto tendo entre os seus alumnos no Conservatori Superior de Música del Liceu a Montserrat Caballé. Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas La Vanguardia, hemeroteca, 3 de maio de 1975. Necrolóxica no ABC Fondo Conxita Badia na Biblioteca de Catalunya (en catalán)

Categoría:Sopranos de España Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Nados en Barcelona