Jablanica é unha cidade e un concello no norte de Hercegovina en Bosnia e Hercegovina, administrativamente ó Cantón de Hercegovina-Neretva, a cidade de Jablanica sitúase a carón do río Neretva.
Xeografía O concello de Jablanica ten 301 km² de superficie e 13.047 habitantes, sitúase nun socalco de 202 metros de altitude entre os macizos montañosos de Čvrsnica e Prenj. Clima O clima é temperado mediterráneo cunha temperatura media anual de 12 °C e chuvia abundante.
Demografía O último censo oficial data de 1991, naquel entón o concello tiña 12.691 habitantes, distribuídos en 33 asentamentos, e a cidade tiña 4457 habitantes. Tras a sinatura do Acordo de Dayton Jablanica entrou a formar parte da Federación de Bosnia e Hercegovina. Nacionalidades do concello en 1991 Bosníacos - 9.099 (71,69%) Croatas - 2.291 (18,05%) serbios - 504 (3,97%) Iugoslavos - 581 (4,57%) Outros - 216 (1,72%) Nacionalidades da cidade Bosníacos - 2.874 (64,48%) Croatas - 746 (16,73%) Serbios - 204 (4,57%) Iugoslavos - 455 (10,20%) Outros - 178 (4,02%) Historia Polos restos arqueolóxicos máis antigos a zona estivo habitada na Idade do Cobre pero foi na época dos romanos e na Idade Media cando experimenta un notable aumento demográfico, con 22 localidades e 683 necrópoles con stećci e tumbas. Por esta zona pasaba tamén as rutas de caravanas que ían de Dubrovnik a Bosnia amais de vías secundarias ata o val do Vrbas. En 1446 en tempos de Estevo Tomé de Bosnia nun documento aparece a sinatura dun tal Radivoj Jablanović, o que se considera a primeira mención a Jablanica.
No primeiro defter realizado polos otománs na rexión 1477 menciónanse tres aldeas na zona: Žugle (Žuglići) Ostrozac e Čehari, no desfter de 1488/89 xa se menciona Jablanica no límite do distrito de Neretva como un timar con 67 casas, a renda dos impostos chegaba a 5623 akçe. A urbanización da zona comezou na época da monarquía dos Habsburgo en 1877, coa construción de cuarteis, pontes, túneles, estación de ferrocarril e hotel, así como casas e apartamentos para os funcionarios, establecéndose os alicerces da cidade actual. En 1893 cambiouse o seu nome, durante breve tempo, para Jablanica na Neretvi.
Categoría:Cidades de Bosnia e Hercegovina