Ogma ou Oghma é unha figura da mitoloxía irlandesa, membro dos Tuatha Dé Danann, frecuentemente considerado unha divindade relacionada co deus galo Ogmios.
Mitoloxía Fillo de ElathaThe Celtic Encyclopedia, Volume 3. Universal-Publishers, 1998, páxina 580, loitou na primeira batalla de Mag Tuired, cando os Tuatha Dé chegados a Irlanda derrotaron os Fir Bolg.J. Fraser (ed. & trans.), "The First Battle of Moytura" , Ériu 8, pp. 1-63, 1915 Baixo o reinado de Bres, cando os Tuatha Dé quedaron reducidos á servidume, Ogma viuse obrigado a, aínda así é o único dos Tuatha Dé que proba a súa forza atlética e marcial en contendas diante o rei. Logo da derrota de Bres e a restauración de Nuadu, Ogma convértese no seu campión. A súa posición vese en perigo pola chegada de Lug á corte, así que Ogma desafíao a levantar e arrebolar unha gran laxe, para a que normalmente se precisan oitenta bois para movela, Lug acepta o desafío e gaña.
Na segunda batalla de Mag Tuired, Ogma convértese no campión de Lug e promete rexeitar o rei dos fomoire, durante a botalla Ogma morre pero reaparece de novoJarich G. Oosten The War of the Gods: The Social Code in Indo-European Mythology. Routledge, 1985, páxina 123 e conquista a espada de Tethra, o rei dos fomoire, denominada Orna, perseguindo os fomoire canda Lug e Dagda. Ogma forma unha tríade xunto con Lug e DagdaJarich G. Oosten Ob. cit., páxina 29. Ogma é o inventor mítico da escrita oghamJames MacKillop, Dictionary of Celtic Mythology. Oxford University Press, 1998, p. 310.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Celtismo Mitoloxía
Categoría:Deuses irlandeses Categoría:Deuses do coñecemento Categoría:Tuatha Dé Danann